Olá a tod en s!!!! Eu son novo nestas lides... e de certo que me gustaría participar nas traducións.... Nin entendo nin quero entender de confrontacións... pódome dirixir a alguén que me poda ir guiando, cando menos nun principio? Saúde p.d. penso que era ben encamiñar todas as forzas que amosan os correos que vou vendo para o fin común.
xabier espasandín zona galicia ACCIONA Infraestructuras fespasan en acciona.es -----Mensaje original----- De: g11n-bounces en mancomun.org [mailto:g11n-bounces en mancomun.org] En nombre de Fran Dieguez Enviado el: miércoles, 28 de octubre de 2009 19:13 Para: Comunidade de tradución de software libre ao galego Asunto: Re: [G11n] [Tradutores-Ubuntu] Ubuntu Galician Translator, no é quen traduce a Ubuntu :/ -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE----- Hash: SHA1 Paso de respostar en primeiro lugar porque así me queimo máis e por segundo lugar porque á mínima tontería máis deixo todo canto proxecto colaboro e me adico ao cultivo de amapolas no monte que é o único no que non teño que sufrir estas preocupacións. E teño a impresión de que non son a única persoa que se lle pasou pola cachola. Sinceramente creo que no canto de montar plataforma grandiosas e venderlle cousas á prensa habería que traballar máis no capital humano e nas relacións persoais. Non só pola xente que se queira unir senón tamén pola xente que colaboramos dende hai algún tempo que en certa medida queremos ver avances en positivo. Por unha banda estase a xogar en moitas ocasións coa paixón e acción desinteresada de moitas persoas, e por outra banda estase xogando coa posición dunha lingua que pertence a toda persoa que a fala, sexa dunha ideoloxía ou de outra, viva aquí ou fora. Eu non creo que sexa beneficioso crear un ente que coordine senón un "ente" que proporcione servizos. E neste senso hai moito que andar xa que a día de hoxe non hai metodoloxías de traballo, non hai comunidade cohesionada, non hai sentimento de confianza, non hai recursos lingüísticos que nos axuden e polo momento ( e non son o único que o pensa ) non se está a traballar dende o principio coa opinión de todos. Moitas veces persoas alleas a agrupacións galegas me teñen dito que non se unen porque en primeiro lugar se perde moito tempo en discusións banais e en segundo lugar hai demasiado personalismo e nada de conciencia grupal. Vexo necesidades específicas para saír de este bache: 1) Vexo necesario poñer as cartas sobre a mesa, isto é, mediante unha xuntanza das principais asociacións que levan traballando (CIF, Trasno, ...) e por outra banda toda canta persoa independente queira participar. Con tempo suficiente para que cada quen leve pensado o que quere dicir e en que rumbo quere que vaian as cousas. 2) Vexo de recibo non entrar no xogo de xornalistas. E menos que publiquen algo antes de que non ollara o entrevistado nin que fira sensibilidades. 3) Cambiar a dinámica de protesta, no canto de xogar á guerra de máximos e queixarse de que o goberno non vaia a apoiar o que hai montado (que sabemos que posiblemente non o fagan) xoguemos con eles á guerra de mínimos se non apoias "a totalidade do proxecto", apoia proxectos máis pequenos que nos axuden a nós na nosa tarefa diaria (na que si vamos a apoiar o SwC) e nos que á larga fágalles ver que si que poden contar coa comunidade. Porque a día de hoxe estamos dando un espectáculo de protesta e de confrontación, no canto de pedir conferencia con eles directamente e proporlle solucións ao conflito. Non sei se vos dades de conta que estamos protagonizando unha película de Monty Python "Ises eran o Frente Popular de Liberación de Judea ou eran o Frente Judaico de Liberación Popular?", e estamos asistindo ao patético espectáculo de "Y tu más!". Partamos da base que todos queremos software LIBRE en GALEGO, BEEEN!!, se non temos o apoio institucional nos vai dar relativamente igual. E digo relativamente porque se temos o seu apoio será máis sinxela e visíbel a nosa laboura de chegar á sociedade. En Trasno (perdón ao presidente por falar en nome de) estamos organizando grupos de traballo que poidan colaborar en TODO canto proxecto haxa orfo por motivo do futuro parón de Mancomún. Presionando a amigos, e persoas que cremos que poden ser de valor, para que se unan e que logo dun período de formación se sumen a ditos proxectos. Pero certamente se cada día temos que ollar espectáculos coma este a xente non vai continuar. Primeiro temos que facer os planos da casa, logo xa montaremos os cimentos e demais. Verei o que fago nos vindeiros días pero a cousa pinta moi mal (reitero para min e para moitas máis persoas coas que teño contacto). Agora comezo a entender que a xente se canse. PD: menos mal que non quería respostar. - -- Fran Diéguez http://www.mabishu.com - listas en mabishu.com GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 -----BEGIN PGP SIGNATURE----- Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux) Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org iEYEARECAAYFAkroib4ACgkQmLtmJqKk+bj1AwCfaRcTULXx/okhh3OSw2qI4NzL koUAn2EVMFRN2LyaWInevj+GyMa6tQNJ =2WbG -----END PGP SIGNATURE----- _______________________________________________ G11n mailing list G11n en mancomun.org http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n Este mensaje se dirige exclusivamente a su destinatario, y puede contener información confidencial sometida a secreto profesional, o cuya divulgación esté legalmente prohibida. Cualquier opinión en él contenida es exclusiva de su autor y no representa necesariamente la opinión de la empresa. Si ha recibido este mensaje por error, le rogamos nos lo comunique de forma inmediata por esta misma vía y proceda a su eliminación, así como a la de cualquier documento adjunto al mismo. El correo electrónico vía Internet no es seguro y no se puede garantizar que no haya errores ya que puede ser interceptado, modificado, perdido o destruido, o contener virus. Cualquier persona que se ponga en contacto con nosotros por correo electrónico se considerará que asume estos riesgos. This e-mail is addressed exclusively to the recipient and may contain privileged information under a professional confidential agreement or it may be against the law to disclose its contents. Any opinion contained in it belongs exclusively to his/her author and does not necessarily reflect the company?s view. If you receive this e-mail in error, please let us know immediately (by return e-mail) and proceed to its destruction, as well as any document attached to it. The sending of e-mails through the Internet is not safe and, therefore, error-free communications cannot be guaranteed, as they can be intercepted, changed, misled or destroyed or they might contain a virus. Any user contacting us through e-mails shall be understood to be assuming these risks.