Parabén unha vez máis por todo o traballo que fas ;)
http://twitter.com/#!/mozilla_gl/status/98004498412347392
Unha aperta,
ifrit
2011/8/1 Enrique Estévez Fernández eu en keko.me:
Boas a todos.
Nestes momentos xa estamos a piques de ter ao dÃa todos os proxectos
de Mozilla, polo menos o que se refire aos aplicativos. Espero que
isto me deixe tempo para organizar o traballo.
Como podedes ver na ligazón:
https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl
Estamos OK en todo menos en Calendar. Xa fai unhas semanas que comecei
a súa recuperación e a semana pasada compartÃn un ficheiro para que a
xente de Trasno botara unha man, xa que nel habÃa moita terminoloxÃa
que fixar que acepta a todos os proxectos de galeguización. Tratase
dos fusos horarios. Ao longo desta semana compartirei o ficheiro en
cuestión nun correo na rolda de galician.mozdev e a ver se alguén se
anima, aÃnda que non fixemos terminoloxÃa, podemos temporalmente
traducilo para completar a tradución de Calendar a espera de unificar
as traducións nos diferentes proxectos da comunidade galega.
Como xa sabedes, tanto na comunidade galega de mozilla como en Trasno,
estamos a espera de montar o novo sitio da comunidade galega de
localización de mozilla nos servidores de Trasno como un subdominio de
trasno.net (mozilla.trasno.net). Espero que nos próximos dÃas podamos
comezar a levantar o novo sitio e darlle visibilidade a nosa
comunidade.
Saúdos a todos.
___
Galician mailing list
Galician en mozdev.org
https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
--
http://about.me/ifrit