Ola a tod en s.

Hoxe recibín o traballo dos vosos dous compañeiros, xa o revisei,
fixen as modificacións precisas e xa os remitín ao svn.

Supoño que ao longo dos próximos dous días pecharan os bugs, pero xa
se pode ver o resultado das traducións nas páxinas web:

http://www-dev.allizom.org/gl/firefoxflicks/
http://www-stage.mozilla.org/gl/thunderbird/3.1/starteol

Cousas a comentar sobre o traballo realizado e para que outra xente
teña en conta no futuro:

Explicacións para o futuro

- Traducimos empregando vostede, a terminación -bel en ver de ble (posíbel),
- A cadea que aparece así no OmegaT
#categories
Non se traduce. Esta cadea non debería aparecer para traducir, xa que
ven sendo unha marca interna no código html para saltar a esa sección
cando un esta visualizando a páxina web.
- A cadea que aparece así no OmegaT
<?=$link[0]?>
Non se traduce. Representa unha ligazón a unha páxina web usando unha 
variábel.
Fixarse nas cadeas que comezan pola variábel dolar, xa que esa palabra
non se debería traducir, xa que é unha variábel que se cambiará por
outro valor ao visualizar a páxina.
- As palabras que van dentro destas etiquetas no OmegaT
<a0>texto importante</a0>
O texto que vai entre estas etiqueta, correspondese co texto que
aparece resaltado nunha páxina web e que contén unha ligazón a propia
páxina web ou a outra páxina web. Ás veces pódese modificar o texto
que vai dentro desta etiqueta, é dicir, axustar o que vai dentro.
Tamén pode corresponder con marcas que ten ese documento para por
exemplo resaltar unha palabra, por exemplo, o que vai dentro desas
marcas iría en negrita, ou en maiúsculas na páxina web final, co que
convén telo en conta para ver que se deixa dentro da etiqueta unha vez
traducido.
Seguramente vos teña que por exemplos para que o entendades.
- As ligazóns a páxinas web
En principio nunca traduzo as ligazóns. En Mozilla pódese comprobar
que ditas ligazóns, mellor dito, as páxinas, xa comproban o idioma do
navegador e abren a versión localizada da mesma se é que existe. Así
que, borrei as traducións dos enderezos web que fixo Ifrit, xa que
tampouco quero que aparecen nas memorias de tradución porque non
pintan nada alí.

Para discusión:
- tracked
rastrexar-seguir
Por agora vai como seguido, para manter a homoxeneidade coa tradución
da interface.
Haberá que discutir, ben no grupo ou en Trasno, como traducir o termo.

- Brand Toolkit
Kit da marca
Deixein tal cual a traduciu Lucía porque non tiña unha forma mellor.

- Primary Key Message
Mensaxe principal
Gustoume a solución escollida

- Secondary Key Message Points:
Aspectos secundarios:
Tamén me gustou a solución escollida

Modificacións realizadas:
Correxín as faltas ortográficas. Teño que explicar como configurar o
corrector ortográfico de galego en OmegaT. En Ubuntu e moi sinxelo,
pero ao mellor por algún usuario terei que mirar como se fai en
Windows.
Tamén correxín algunha construción para que fora similar a outras
traducións xa realizadas no mesmo proxecto. Se os interesados queren
ver os cambios, fago un diff cos ficheiros para que os vexan.
Tamén correxín o do tratamento de vostede nos lugares que estaba en
segunda persoa, a terminación -bel, e traducín online por en liña.

Creo que non hai máis que resaltar. Calquera dúbida ou modificacións
que haxa que facer, comentadeas aquí.

Grazas polo traballo realizado a Ifrit e Lucía.

Saúdos.


2012/2/6 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>:
> Ola a tod en s.
>
> Veño de actualizar as traducións dos repositorios de mozilla ao galego
> para as diferentes ramas. Xa temos todo ao día. Pódese comprobar aquí:
>
> https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl
>
> Agora estoy pendente de que os vosos compañeiros me manden os
> proxectos traducidos dos bugs das páxinas web:
>
> http://l10n.mozilla-community.org/webdashboard/?locale=gl
>
> Antes de subir as traducións, revisarei os proxectos para manter a
> homoxenidade co resto de proxectos.
>
> Hai outro proxecto que tamén está pendente de tradución, que está en
> Verbatim, aínda que xa creei o proxecto en OmegaT para poder traducilo
> en local. Espero poder traducilo nos próximos dous días e que poidamos
> probar o sitio.
>
> Agora toca probar as compilacións diarias para aprobar as traducións.
> Aínda teño pendente de solucionar unha serie de erros que xa me
> notificou algún de vos a través da rolda ou de forma persoal. Como
> comprenderedes, preciso tempo para levar a cabo as tarefas.
>
> Calquera dúbida, suxestión, será benvida.
>
> Saúdos.
>
> 2012/2/2 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>:
>> Ola a todo en s.
>>
>> Moitas grazas pola colaboración. Envíovos un correo privado aos dous
>> co proxecto e explícovos como proceder, xa que como vou enviar o
>> proxecto para tradución anexo, pode ter problemas se o envío a rolda.
>>
>> O luns espero ter todo ao día.
>>
>> Saúdos.
>>
>> 2012/1/31 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
>>> Veña, vai, eu a páxina web para o Thunderbird :)
>>>
>>>
>>> 2012/1/31 Lucía Paz <lutxinha2004 en yahoo.es>
>>>>
>>>> Ola Keko
>>>>
>>>> Vexo que hai bastante por facer. Eu estes días si que podo adicarlle algo
>>>> de tempo, así que me ofrezo voluntaria para o Firefox Flicks (ou calquera
>>>> outro...)
>>>>
>>>> Un saúdo
>>>>
>>>> Lucía
>>>>
>>>>
>>>> En 31/01/2012 21:03, Enrique Estévez Fernández escribiu:
>>>>
>>>>> Ola a todos.
>>>>>
>>>>> Preciso axuda para traducir unha serie de proxectos ou polo menos
>>>>> revisar o que xa está traducido.
>>>>>
>>>>> Como podedes comprobar na seguinte ligazón, hai moito choio pendente de
>>>>> facer.
>>>>>
>>>>> https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl
>>>>> http://l10n.mozilla-community.org/webdashboard/?locale=gl
>>>>>
>>>>> Isto pasa cada 6 semanas, xa que hai lanzamento de versións novas dos
>>>>> produtos de Mozilla.
>>>>>
>>>>> https://wiki.mozilla.org/Releases
>>>>>
>>>>> Desta vez xuntase choio con páxinas web e que eu xa non estou
>>>>> traballando na USC na OSL, co que agora non teño un porcentaxe da miña
>>>>> xornada laboral para traducir e por riba estou de vacacións (de viaxe
>>>>> nestes momentos).
>>>>>
>>>>> Precisase axuda para rematar de traducir o proxecto Firefox Flicks, o
>>>>> proxecto xa está creado e iniciado en OmegaT. Se hai algún voluntario,
>>>>> pásolle o proxecto e só ten que rematar o que falta.
>>>>>
>>>>> https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=709187
>>>>>
>>>>> Podedes comprobar o que xa está traducido e o que non. Xa solicitei
>>>>> axuda noutro momento e a ninguén lle interesou.
>>>>> http://www-dev.allizom.org/gl/firefoxflicks/
>>>>> http://www-dev.allizom.org/gl/firefoxflicks/faq/
>>>>> http://www-dev.allizom.org/gl/firefoxflicks/brief/
>>>>>
>>>>> Temos outro proxecto para traducir. Sería unha páxina que lle indica
>>>>> aos usuarios da versión 3.1 de Thunderbird que quedan sen soporte e
>>>>> que debería migrar. Soamente unha páxina web. Crearíavos o proxecto en
>>>>> OmegaT e só teríades que traducir ese ficheiro.
>>>>> https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=721970
>>>>> A páxina que hai que traducir:
>>>>> http://www-stage.mozilla.org/gl/thunderbird/3.1/starteol
>>>>>
>>>>> O outro bug xa me encargou eu porque é/era urxente. E as
>>>>> actualizacións das interfaces dos produtos igual, xa que simplemente é
>>>>> seguir os bugs e copiar as traducións. Pero terá que esperar ata o
>>>>> luns.
>>>>>
>>>>> En Verbatim, tamén temos a tradución do proxecto BrowserID, iniciada e
>>>>> que nalgún momento precisará revisión, xa que o vou traducir o máis
>>>>> axiña posíbel porque parece urxente.
>>>>>
>>>>> Espero a vosa colaboración. Non son urxentísimas as traducións, pero
>>>>> tampouco podemos estar máis dunha semana ou 10 días sen resolvelos.
>>>>>
>>>>> Sigo buscando voluntarios que se queiran encargar de proxectos en
>>>>> firme e de que se responsabilizan da súa xestión por completo.
>>>>>
>>>>> Saúdos.
>>>>> _______________________________________________
>>>>> Galician mailing list
>>>>> Galician en mozdev.org
>>>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>>
>>>> _______________________________________________
>>>> Galician mailing list
>>>> Galician en mozdev.org
>>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>
>>>
>>>
>>>
>>> --
>>> ====================
>>> http://about.me/ifrit
>>> ====================
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Galician mailing list
>>> Galician en mozdev.org
>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>

Responderlle a