Ola. Agora que teño tempo de novo estiven a actualizar as traducións de Mozilla. Hai moito que facer aínda, pero bueno, a ver se atopamos un voluntario que queira coller o relevo e pór orde na comunidade, xa que eu non o conseguín, non tiven tempo. Pero entre tanto, hai que avanzar na tradución.
No firefox, tanto para a versión de escritorio como de móbiles, están usando o seguinte: Use Pinning terminology for customizing about:home. Pin this site at its current position - Fixar este sitio na posición actual Unpin this site - Quitar este sitio Pin Site - Fixar sitio Unpin site - Quitar sitio Pin Tab - Fixar lapela Unpin Tab - Eliminar lapela fixa Unpin All - Quitar todo Pinned - Anclados Eu traducín polo que vedes. Non teño moi claro o contexto, pero penso que debe ser unha páxina na que podes fixar os marcadores ou sitios favoritos e acceder á mesma para ir as esas páxinas ou sitios de forma fácil e visual. Na páxina que aparece a primeira cadea, a icona que ves ten como unha chincheta, e no tooltip sae o texto Pin this site at its current position. A ver que suxerides para unificar a terminoloxía en todas as cadeas. Saúdos. _______________________________________________ Galician mailing list Galician@mozdev.org https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician