Boas. Poucas veces meten un ficheiro novo tan grande para traducir en Firefox. Este ficheiro é común aos diferentes produtos de mozilla. Son 127 cadeas.
Nestes momentos estou traducindo a pelo, co editor de texto. Axúdome para manter a consistencia de: http://www.frenchmozilla.fr/transvision/ Neste corpus, busco como se traduciron cadeas similares e as veces, ata a mesma cadea. Por agora, é o que hai. Anexo o ficheiro no formato orixinal. Se alguén se anima a traducilo ou a facer suxestións, serán benvidas. Non creo que ata o venres teña tempo de meterlle man. Saúdos. ------------ próxima parte ------------ A non-text attachment was scrubbed... Name: htmlparser.properties Type: application/octet-stream Size: 11190 bytes Desc: non dispoñÃbel URL: <http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20111101/0beb96b7/attachment.obj>