Eu creo que sería interesante que se escollese a un par de persoas con
experiencia de Trasno e  algún representante dos galegos21 ou calquera
outro proxecto de traducción, e facer algunha reunión ca xente do
goberno que está realizando esforzos de traducción de aplicativos
libres. Nesa reunión poderíase explicarlles que nos parece que están a
facer mal, que ben, e como nos gustaría que actuasen a partir de
agora.

Habería que facer algún pequeno documento de consenso para entregarlle
e escoller as persoas axeitadas.

Miguel.

On 6/2/06, Xabier Villar <xabier.vil...@gmail.com> wrote:


2006/6/2, Miguel <migue...@gmail.com>:
>   Vexo que unha xente está mais enfadada que outra pola forma que ten
> o goberno de tratar os traductores de software libre. E que tamén hai
> algunhas ideas para millorar a situación como premiar con bolsas ou
> dalgunha outra maneira aos que xa fan traduccións para que sigan
> traducindo.
>
>     Unha pregunta, sería posible facer unha reunión con alguén de
> Industria, son os que están a facer algo agora neste eido, para que
> sepan a opinión da xente de Trasno e outros proxectos de traducción.
> Creo que pola parte do goberno non debería de haber ningún problema,
> pero pola parte dos proxectos de traducción non sei como se vería, ou
> se sería posible.
>
> Miguel.


O que eu percibo non é enfado coa administración (esta parece non ter moita
idea de qué vai o asunto), senon coa actitude de persoas que nunca
colaboraron, e agora que aparecen cartos polo medio teñen todo montado para
venderse como os grandes valedores do SL, pasando por encima de proxectos e
de persoas de quen incluso tomaron ideas.
É lóxico que non todos nos sintamos igual: por exemplo, eu só creo que non
se están a facer as cousas ben, pero que pode ser posible arreglalo (por
certo, comparto as críticas á actuación do Goberno, a pesares de ser membro
do BNG e ter boa relación con sectores deste partido. Hoxe por hoxe, sen
embargo, non coñezo a ninguén relacionado coa promoción do SL). Tamén
comprendo que outras persoas poidan non compartir esta opinión, pois ó fin e
o cabo o traballo e tempo que eu aportei ó proxecto é mínimo en comparanza
co delas, ademais das súas experiencias ó longo dos anos coas persoas que
precisamente pretenden silenciar o noso traballo.

Non me parece unha mala idea o que propós pero, a pesares de que en Trasno
non existe unha "organización" estructurada como tal, creo que iso
corresponde á xente que leva máis tempo tirando polo proxecto. Eu pola miña
parte comprométome a axudar no posible.

--

Xabier Villar




_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno





--
Miguel Ángel Fernández Morales
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a