Re: Mantedor traducción de Moodle ou equivalente

2012-06-08 Conversa Enrique Estévez Fernández
Boas.

Non sei como quedou o asunto, pero tras ler  plan de actuacións que
deben levar a cabo as oficinas de software libre galegas, está como un
dos proxectos axudarlle a comunidade galega a traducir o Moodle.

Así que, se non o fai a comunidade, fárano desde as OSL as persoas que
sexan contratadas, se é que hai OSL este ano. Non lera ainda o plan de
software libre de galicia 2012, pero na parte do que van facer as OSL
é moi ambicioso (eu diría irrealizable) e as actuacións internas da
xunta, aínda máis ambiciosas. Se se está facendo todo iso, é flipante.
Do dito ó feito vai un bo treito

Como quedou o asunto?

Saúdos.

2012/5/16 Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com:
 Descarguei os paquetes de gl e de en de v 2.2 ... queda traballo de
 carallo :-) o orixinal son 340 ficheiros e en gl só hai 122 (non me parei
 aínda a ver o tamaño de cada un)

 En local son ficheiros .php. convertinnos en .po e vou tentar facer algo que
 serva de TM para reaproveitar o xa feito, de paso xa lle fago unha primeira
 revisión ao feito.

 Creo que sería cousa de que a xente se fixera unha conta na páx de
 tradución, que se traballara en local, para reaproveitar o máximo, e unha
 vez revisado, con paciencia replicalo no web.

 O que se podería tentar é que nos admitan que lles enviemos os ficheiros
 .php xa traducidos por correo, ou dispoñéndoos nun almacen en liña. Se
 puidera seren así, poderiamos despois ver as versións máis antigas, xa que
 así (IMHO) quedaría menos que traducir.

 Digo eu... xa que Rafael está moi implicado (pola vía profesional) podería
 solicitar o traballo de moderador/coordinador, e os trasnegos máis
 currados ofrecerlle o noso asesoramento e axuda no técnico. Que vos
 parece?

 2012/5/16 Asoc. de Usuarios de SwL de Melide melisa.mel...@gmail.com

 Boas,

 aínda que non teño experiencia na tradución, é certo que nun par de
 ocasións fixen intento de iniciar o meu traballo nesta área, e vista a
 situación de Moodle, que coñezo a xente que me pode orientar (Miguel Branco,
 por exemplo), e que somos usuarios de Moodle en Tegnix, penso que pode ser
 unha moi boa ocasión para comezar a traducir.

 Pois iso, aí queda a miña proposta ;-)

 Un saúdo cordial.


 Rafael R. Gaioso (Melisa)

 En 16/05/12 16:20, Manuel Vázquez escribiu:

 Ola:
 A tradución quedou onde a deixaron os anteriores responsables. O que
 sucedeu despois é que se engadiron cadeas do portugués e o resultado,
 ao meu parecer, é lamentable. Instalei a versión 2.2 en servidor
 propio para uso co meu alumnado, o resultado é que a tradución ao
 galego non a podo, nin penso que debo, usar con eles. A Consellería de
 Educación coido que emprega, en webs dinámicas, a versión 1.8.5, que
 ten unha tradución axeitada. O sistema de tradución de moodle precisa
 dun mantedor ou mantedores. Alguén se anima? Na medida das miñas
 posibilidades podo colaborar, pero non me sinto con enerxía e
 dedicación necesaria como para mantar a mesma.
 Un saúdo:
 Manuel A. Vázquez


 2012/5/16 Ramon Antonio Paradara...@bigpress.net:


 Ola,
 estou buscando o mantedor da traducción galega do Moodle ou alguen que
 quera
 selo. Actualmente o proxecto figura coma sen mantedor
 ( http://docs.moodle.org/dev/Language_packs_without_maintainer ). Na
 lista
 de traductores figuran varios
 ( http://docs.moodle.org/22/en/Translation_credits#Galician ) así que me
 gustaría saber se hai alguen máis traducindo. Eu estou facendo
 traduccións,
 que preciso que sexan aprobadas rápido, pero non ante a miña falta de
 experiencia en traducción posiblemente teñamos un candidato mellor.

 Un saudo,
 Ramón


 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


 --
 --
 Rafael Rodríguez Gaioso         melisa.mel...@gmail.com
 Presidente de MeLiSA            http://webmelisa.es
 Telf: (+34) 600 556 226
 --



 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




 --
 Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
 Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
 Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
 Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org


 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Limpeza de usuarios spam no web

2012-06-08 Conversa Miguel Bouzada
Veño de facer unha limpeza de usuarios de spam no web. Se eliminei a alguén
que non debía, que avise.

-- 
Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto