Xa podemos traballar con Google na corrección dos seus topónimos deturpados

2012-12-10 Conversa Xuco

Boa nova por parte de Google.

Enviado por Xuco a través de Google Reader: Xa podemos traballar con
Google na corrección dos seus topónimos deturpados vía Código Cero -
Diario Tecnolóxico de Galicia de Fernando Sarasqueta el 10/12/12

Os buscadores e os servizos xeográficos da Rede nunca salientaron polo
respecto á toponimia oficial galega. A raizame do problema estaba no de
sempre: trátase de ferramentas novas que botan man de bases de datos
vellas, de uso militar ou vinculadas a réximes centralistas. Se ben
Google Maps e Google Earth non eran dos peores, tiñan cousas que
solucionar. Para arranxalo definitivamente, Google vén de convocar aos
internautas galegos para que lle axudemos a verificar a corrección dos
seus datos xeográficos e, entre eles, o da toponimia. Plataformas como
ProLingua xa están a animar á comunidade en liña do país para que fagan
uso dos mecanismos de feedback que a compañía norteamericana
proporciona para corrixir as deturpacións toponímicas da xeografía
galega, “que non son poucas”, engade ProLingua.
A medida, por certo, non só nos afecta a nós: afecta a ducias de pobos
que viviron unha situación semellante na súa historia, de
rebautizamento dos seus casais, vilas, aldeas e cidades por parte
doutras culturas interesadas en darlle o todo un toque máis homoxéneo e
centralizador. A iniciativa, segundo se sinala na Rede, intégrase no
proxecto Ground Truth, que se remonta a 2008 e que xurdiu coa
finalidade de lograr mapas máis precisos, fiábeis e respectuosos cos
pobos aos que reflicten. E todo, tirando proveito das fontes orixinais
e da contribución dos internautas locais.

Cosas que puedes hacer desde aquí:
- Subscribirte a Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia con Google
Reader
- Empezar a utilizar Google Reader para mantenerte al día fácilmente de
todos tus sitios favoritos
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Presentado o novo corrector de galego Imaxín Galgo 2.0

2012-09-10 Conversa Xuco

Boas.

Acabo de atoparme con isto.

Enviado por Xuco a través de Google Reader: Presentado o novo corrector
de galego Imaxín Galgo 2.0 vía Código Cero - Diario Tecnolóxico de
Galicia de Raquel Noya el 10/09/12

A web da Secretaría Xeral de Política Lingüística dá acubillo, dende
hai ben tempo, a un amplo abano de ferramentas que nos axudan a coñecer
mellor e a perfeccionar o noso dominio do galego, porén vén de
completarse cun corrector que nos axuda a que a escrita estea adaptada
á normativa da Real Academia Galega de 2003, algo que faltaba no
catálogo da entidade pública.
Falamos do corrector Imaxín Galgo 2.0, o que vén sendo unha
actualización do corrector Galgo para as novas versións de Microsoft
Word para Windows e para Mac, que xa se pode descargar de balde na
devandita plataforma pública.
Ao igual que outras da mesma familia, esta ferramenta permite
solucionar erros de carácter tipográfico, ortográfico e léxico en tempo
real mentres imos escribindo, porén a diferenza dos outros, este
corrector contén suxestións de vocabulario que están especialmente
pensadas para a lingua galega e a súa situación de contacto co castelán.

Xesús Vázquez Abad presentou a nova versión do corrector ortográfico de
Imaxin
A aplicación informática foi presentada polo conselleiro de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, nun acto no
que tamén participaron outros persoeiros importantes para a lingua
galega e as TIC como o secretario xeral de Política Lingüística,
Valentín García Gómez ou a directora da Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, entre outros.
Vázquez Abad mostrouse satisfeito “de poder presentar unha ferramenta
que facilita a aprendizaxe e progresiva autonomía no uso correcto do
noso idioma”, indicou, que ademais “axuda a superar as inseguridades de
quen aposta por escribir en galego no ámbito público e profesional”,
engadiu.
Vázquez Abad asegura que o corrector Imaxín Galgo 2.0 “fomenta a
presenza do galego nas TIC, ao tempo que logra unha oferta máis ampla e
competitiva de produtos e recursos informáticos en galego”, ao que
engade que “favorece a opción positiva polo galego no mercado da
información e da comunicación e mais a libre circulación do galego nos
sistemas avanzados da vida moderna”.
Na súa intervención Abad citou, asemade, outros proxectos do seu
departamento que inciden nos mesmos fins, como o Dicionario de
pronuncia da lingua galega en liña; os cursos de galego a distancia; o
Dicionario xurídico, que estará proximamente en Internet a disposición
da cidadanía; e o apoio á candidatura para o dominio puntoGal, do que
se encarga a AMTEGA.
Outras iniciativas que aproveitan a tecnoloxía para facilitar o uso do
galego e contribuír a súa dinamización é a campaña Twitter en galego
XA!, a das Redes sociais en galego e a tradución á nosa lingua de
distintos programas baseados en software libre.

Cosas que puedes hacer desde aquí:
- Subscribirte a Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia con Google
Reader
- Empezar a utilizar Google Reader para mantenerte al día fácilmente de
todos tus sitios favoritos
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Un novo web permita conxugar verbos en galego

2011-11-08 Conversa Xuco

 Enviado por Xuco a través de Google Reader: Un novo web permita
conxugar verbos en galego vía NOVAS |culturagalega.org de Redaccion el
7/11/11
Unha ferramenta que permite conxugar os verbos galegos en liña. Este é
o proxecto que presenta Cilenis, unha nova empresa dedicada ao
procesamento de linguaxe e á enxeñaría lingüística. A iniciativa
pretende facilitar a conxugación de todos os verbos en galego mesmo os
que non aparecen nos dicionarios. Ademais, dispón dunha versión en
portugués. Desde a empresa anuncian que pretenden traballar
noesenvolvemento de ferramentas de busca a medida na rede e que ofertan
tamén servizos de instalación, personalización e mantemento do tradutor
Opentrad.
Cosas que puedes hacer desde aquí:
- Subscribirte a NOVAS |culturagalega.org con Google Reader
- Empezar a utilizar Google Reader para mantenerte al día fácilmente de
todos tus sitios favoritos
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto