[Proxecto] Servizos do novo sitio web de Trasno

2010-05-16 Conversa Manuel Vázquez
Noraboa a todos os que colaborastes no novo portal e pola integración
de novos servizos.
Un saúdo:
Manuel Vázquez

2010/5/16 Miguel Branco :
> O Domingo 16 Maio 2010 11:46:24 Adrián Chaves Fernández escribiu:
>> Se non o digo morro:entre o Glósima, o Pootle e o Tiboxe, estou abraiado. O
>> de Glósima xa o vira cando quedamos en Santiago, así que non me sorprendeu
>> tanto. Pero o Tiboxe de Fran O.O Quedei abraiado. Sóame de escoitar
>> mencionar algo sobre a busca en varias fontes, pero non sabía que xa
>> funcionaba. Fixen un par de buscas e verdadeiramente abraiante.
>
> É, é!. Aproveito para darvos os meus agradecementos aos que traballastes en
> todos eses novos servizos e na web. Superkudos a todos!. Débovos unha ronda 
> en
> canto nos vexamos!
>
> Queda moito traballo aínda, iso si. Rexistrádevos todos na web e editade as
> páxinas dos voso proxectos. Engadide na wiki todo canto queirades: eu comecei
> unha guía de localización pero está incompleta. Tamén, os que saibades de
> deseño gráfico e css-ing tedes traballo canto queirades :)
>
> Só como nota, a intención do foro é servir para recibir correccións de 
> erros e
> queixas de xente externa, non para usarmos nós a diario. Penso que o correo 
> é
> moito máis áxil.
>
> Saúdos!
> ___
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>


[Proxecto] Servizos do novo sitio web de Trasno

2010-05-16 Conversa Adrián Chaves Fernández
> Tamén, os que saibades de deseño gráfico e css-ing tedes traballo canto
> queirades :)

De deseño non, pero de CSS aínda poderei facer algo. A mandar!

> Só como nota, a intención do foro é servir para recibir correccións de
> erros e queixas de xente externa, non para usarmos nós a diario. Penso que
> o correo é moito máis áxil.

+1


[Proxecto] Servizos do novo sitio web de Trasno

2010-05-16 Conversa Miguel Branco
O Domingo 16 Maio 2010 11:46:24 Adrián Chaves Fernández escribiu:
> Se non o digo morro:entre o Glósima, o Pootle e o Tiboxe, estou abraiado. O
> de Glósima xa o vira cando quedamos en Santiago, así que non me sorprendeu
> tanto. Pero o Tiboxe de Fran O.O Quedei abraiado. Sóame de escoitar
> mencionar algo sobre a busca en varias fontes, pero non sabía que xa
> funcionaba. Fixen un par de buscas e verdadeiramente abraiante.

É, é!. Aproveito para darvos os meus agradecementos aos que traballastes en 
todos eses novos servizos e na web. Superkudos a todos!. Débovos unha ronda en 
canto nos vexamos!

Queda moito traballo aínda, iso si. Rexistrádevos todos na web e editade as 
páxinas dos voso proxectos. Engadide na wiki todo canto queirades: eu comecei 
unha guía de localización pero está incompleta. Tamén, os que saibades de 
deseño gráfico e css-ing tedes traballo canto queirades :)

Só como nota, a intención do foro é servir para recibir correccións de 
erros e 
queixas de xente externa, non para usarmos nós a diario. Penso que o correo é 
moito máis áxil. 

Saúdos!


[Proxecto] Servizos do novo sitio web de Trasno

2010-05-16 Conversa Adrián Chaves Fernández
Se non o digo morro:entre o Glósima, o Pootle e o Tiboxe, estou abraiado. O de 
Glósima xa o vira cando quedamos en Santiago, así que non me sorprendeu 
tanto. 
Pero o Tiboxe de Fran O.O Quedei abraiado. Sóame de escoitar mencionar algo 
sobre a busca en varias fontes, pero non sabía que xa funcionaba. Fixen un par 
de buscas e verdadeiramente abraiante.