O Mércores, 30 de Maio de 2012 09:21:38 Santiago Garcia Mantinan escribiu:
> Boas.
>
> Xa hay un tempo que veño vendo nos reports que manda o que leva o tema de
> i18n do debian installer que o Galego está marcado como desactivable por
> non estar actualizadas as traduccións.
>
> Non sei se é que non hai quen lle poida adicar tempo a esto ou simplemente
> que non se sabe do problema, co primeiro non podo axudar, este correo e
> para axudar co segundo.
>
> Saudos...
Boas,
unha mágoa que non poidas axudar co primeiro, por que é o que fai falla. Estou
ó tanto do estado das traducións e dos prazos que hai. Estou a ver se atopo un
oco para poñer as traducións ó día. Conto con que me de tempo, pero aparte do
instalador hai outras moitas cousas que traducir en Debian, que poden ser
tanto ou máis importantes, como a web ou o manual de instalación.
Se hai alguén disposto a botar unha man, sempre se agradecerá.
Saúdos.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto