Boa tarde,

Escrebo para avisar da posta en produción do servizo de xestión de proxectos
de galeguización[1]. Trátase dunha ferramenta que facilitará a labor das
personas responsabeis dos distintos proxectos de galeguización e que
permitirá mellorar a integración das distintas iniciativas vencelladas. O
enderezo para acceder a este servizo é o seguinte:

      https://proxectos.g11n.net/

Como se pode apreciar é preciso autenticarse para poder empregar este
servizo, o que implica dispoñer dunha conta que permita o acceso. Neste
sentido a mecánica é sinxela: outórgase automáticamente conta co rol de
"xestión de proxectos" ás personas responsabeis de iniciativas de
galeguización que, en ausencia de obxecións, o soliciten na rolda
comunitaria. Dende esa conta pode xestionarse o propio proxecto ademais
de visualizar o resto dos proxectos activos para mellorar a
interrelación.

Os únicos proxectos activos neste momento son os que eu xestiono de 
galeguización de Mozilla, OpenOffice.org e mais GNOME, así como o
proxecto de adaptación para o galego do corrector lingüístico
LanguageTool xestionado por Susana Sotelo.

Por suposto: novos proxectos son benvidos :)

Saúdos,

[1] Compre insistir, para tranquilidade das personas máis independentes,
    na idea de que non é preciso darse de alta neste servizo para 
    participar nos proxectos de galeguización, nin siquera naqueles
    que estén xestionados mediante este servizo. Trátase únicamente dunha
    ferramenta para facilitar as tarefas de _xestión_ dos proxectos de
    galeguización. Explícitamente nada ten que ver este sistema nin
    interfire coas tarefas de tradución, revisión lingüística, escolla
    terminolóxica, remisión de traducións aos repositorios e similares, 
    que continuarían funcionando exactamente igual que até o
    presentebapache2-mod-wsgi.

-- 
http://susinho.pagina.de/
-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a