Re: Posible erro en Ubuntu ou GNOME

2012-03-07 Conversa Amador Loureiro Blanco
Boas

Pensaba en algo máis sinxelo para que as persoas usuarias o tivesen máis
fácil. Algo tipo formulario no que poñer un nome, un enderezo de correo (se
fose necesario), unha descrición do erro, o aplicativo/sistema co erro
(gnome/ubuntu/mozilla/LibreO/...) e  unha captura (se fose necesario). Sen
necesidade de rexistro e que, de poder, enviase un correo automatico á
persoa responsable do proxecto no que facer a corrección.

Como comento antes, penso que o fundamental é que as persoas que sinalen
posibles erros o teñan fácil e cómodo. Creo que se hai un rexistro de por
medio e un sistema no que se require seguimento ou moita acción posterior,
pode ser un atranco. A intención é que se alguén detecta algo raro, teña un
sitio no que sinalalo rapidamente e sen complicacións. Un xeito de achegar
o proceso de corrección a moitas persoas.

Pero pode que sexa pouco eficiente o sistema... non sei. Vou ser claro: eu
mesmo ás veces detecto algunha cadea rara e por pereza ou por non saber
moi ben a quen dirixir a mensaxe, deixo a cousa estar. Mea culpa! :)

Saúdos!

2012/3/7 Xose M pikam...@gmail.com

 ía responder a este tema co que está escrito máis abaixo, pero algo deste
 tipo pódese implementar utilizando unha infraestructura xa existente en
 Trasno O FORO. Non habería que ocuparse de nada máis que un
 administrador ir facendo limpeza cada certo tempo de erros/bugs repetidos e
 de problemas que non procede solucionar deste xeito.
 Nin bases de datos, nin formularios, nin novos apartados na web, nada. Xa
 está ahí o que fai falta.





 [o que escribira orixinalmente]

 algo que funcione no sitio web de Trasno? algo con un formulario onde
 recoller o erro e amosalo nunha lista onde unha vez alguén (un trasnego
 neste caso) o solucione apareza marcado como tal?

 algo así como reporte de erros en launchpad, bugzilla, etc. onde alguén
 autorizado abre un informe de erro, nas réplicas incluso se debate sobre
 ese erro, e unha vez se arregla o problema entón márcase como solucionado

 Se o sistema se crea como un sistema no que alguén deixa un aviso e outra
 persona se encarga de solucionar o problema e indicar que toma nota, entón
 a estructura non é complicada, pero fai falta unha base de datos onde ir
 gardando as entradas de erros e o seu estado. Así como implementar un
 sistema que avise ao responsable/coordinador do aplicativo implicado por
 email. Esto último non sería preciso se entendemos que a lista está aberta
 a calquera que queira botar unha ollada a esa lista e dedicar uns minutos a
 eliminar pequenos erros.



 On 6 March 2012 22:21, Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com wrote:


 2012/3/2 Amador Loureiro Blanco dor...@adorfunteca.org

 Boas

 Ao fío deste correo, teño pensado algunha vez e igual na lista tamén se
 falou disto nalgún momento, se sería posible/útil/beneficioso crear en
 Trasno un sistema sinxeliño de avisos(tipo *ticketing*) no que
 calquera persoa puidese notificar algún erro detectado na tradución dalgún
 aplicativo.


 Efectivamente, sería o ideal. No noso caso creo que non nos dan as mans
 para abarcar a tanto, pero calquera que teña unha idea de proxecto deste
 calibre... xa sabe.


 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




 --
 *Xose M*
 
 Non imprimas este correo electrónico se non é preciso.
 


 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




-- 

Amador Loureiro Blanco | *dorfun* | *http://www.adorfunteca.org*
[image: Twitter] http://www.twitter.com/dorfun [image:
Facebook]http://www.facebook.com/amador.loureiro.blanco
 [image: LinkedIn] http://www.linkedin.com/in/dorfun [image: Google
Reader] http://www.google.com/reader/shared/dorfun [image: Blog
RSS]http://feeds.feedburner.com/adorfunteca
 [image: SlideShare] http://www.slideshare.net/dorfun [image:
Flickr]http://www.flickr.com/photos/dorfun/
 [image: YouTube] http://www.youtube.com/profile?user=dorfun [image:
Delicious] http://delicious.com/dorfun [image:
Last.fm]http://www.last.fm/user/dorfun/
 [image: Tumblr] http://dorfun.tumblr.com/ [image:
Vimeo]http://vimeo.com/dorfun
 [image: FriendFeed] http://friendfeed.com/dorfun
[image: Google Talk/] dorfun [image: Y! messenger/] dorfun [image: MSN/]
dor...@hotmail.com [image: Skype/] dorfun
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Posible erro en Ubuntu ou GNOME

2012-03-06 Conversa Miguel Branco
2012/3/2 Amador Loureiro Blanco dor...@adorfunteca.org

 Boas

 Ao fío deste correo, teño pensado algunha vez e igual na lista tamén se
 falou disto nalgún momento, se sería posible/útil/beneficioso crear en
 Trasno un sistema sinxeliño de avisos(tipo *ticketing*) no que calquera
 persoa puidese notificar algún erro detectado na tradución dalgún
 aplicativo.


Efectivamente, sería o ideal. No noso caso creo que non nos dan as mans
para abarcar a tanto, pero calquera que teña unha idea de proxecto deste
calibre... xa sabe.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto