Re: Fwd: Re: Capitalization rules

2008-07-07 Conversa Adrián Chaves
Isto recórdame, e non é un argumento (nin moito menos), aos integrantes
do meu grupo musical cando dixeron que era mellor pornos un nome en
inglés porque soa mellor.

Eu prefiro utilizar as maiúsculas do xeito natural, o que ten a lingua
escrita por convenio (pola RAG, máis ben), pero se a maioría está
dacordo en que se capitalice á inglesa para facilitar a lectura,
dacordo.

Porén, tamén he de dicir que entre Requirir Confirmación De Lectura e
Requirir confirmación de lectura, sigo optando pola segunda, que
considero enténdese perfectamente e ao momento. Precisamente o exemplo
que se puso en que se desordeaban as letras das palabras inglesas e se
entendían (no seu tempo fixen a proba co exemplo en castelán) demostra
que incluso nese caso o texto recoñécese á primeira, se necesidade de
capitalización á inglesa e sen necesidade tan sequera de estar as
verbas na orde correcta.


Re: Fwd: Re: Capitalization rules

2008-07-07 Conversa mvillarino
O Luns 07 Xullo 2008 11:52, Adrián Chaves escribiu:
 Porén, tamén he de dicir que entre Requirir Confirmación De Lectura e
 Requirir confirmación de lectura, sigo optando pola segunda, que
 considero enténdese perfectamente e ao momento.
A min resúltame máis cómodo de ler a opción con só a maiúscula inicial de 
frase. Agora ben, non teño impedimentos para que se empreguen as maiúsculas á 
inglesa nos texto de nome de acción: Novo Gardal no Cartafol de 
Borradores. Para os títulos de xanela, agrupamento de opcións ou 
alternativas, mensaxes de barra de estado e en xeral textos longos, case 
mellor empregar namais a maiúscula inicial.
Case que mellor por agora deixar isto á escolla do tradutor e ver que é o que 
se vai impoñendo.
-- 
Best regards,
MV