On 18/11/10 00:49, JOS JOS wrote: > Boas noites: > Estou aprendendo a linguaxe de programación Python, un dos libros que > emprego falaba do enderezo https://launchpad.net como fonte para os > paquetes Python sobre Ubuntu. Foi desa maneira como chegei ate o > lugar. Sigo cursos de Python en inglés e portugués polo cal estou > aprendendo tres linguaxes ao mesmo tempo.Gustaríame facer as probas de > traducción para ver si teño o nivel suficiente para integrarme no > proxecto, o meu obxetivo e afirmar coñecementos de inglés na > terminoloxía informática. Se non tivera o nivel suficiente para > acceder ao proxecto non suporía para min ningún trauma, estou na > procura de aprendizaxe. > Un saúdo. >
Ola Jose Luis, Benvido! Como vexo que xa sabes, necesitamos que traduzas unha aplicación para poderte dar de alta no grupo en Launchpad (xa que todo o que se traduce en Launchpad vai directamente a Ubuntu). Esta aplicación pode ser "Jade" [1] (salvo que alguén da lista teña unha proposta mellor :) ). Por se non o viche, na Wiki [2] hai unhas instrucións que esperamos que che podan servir de axuda. Un saúdo. Felipe. [1]https://translations.launchpad.net/ubuntu/maverick/+source/openjade/+pots/jade/gl/+translate [2]https://wiki.ubuntu.com/UbuntuGalicianTranslators -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl