Ultimamente non houbo moitas novidades relevantes pero parece que se
aveciñan cambios. Resumo.


Varios temas de interese para a comunidade:

- Actualización de Pootle (tanto do aplicativo web como das traducións da
rama 3.5, que desaparece)

- Cambio a formato .po de orixe para traducións (pasarase así do formato
.src actual a un xml como o .po). Este cambio podería permitir probar
traducións sen compilar. Importante.

Este cambio está vinculado a un cambio nas ferramentas de desenvolvemento
no que se pasa a utilizar Widget Layout para o deseño de caixas de diálogo
(detalles:http://wiki.documentfoundation.org/Development/WidgetLayout)

- Inicio da familia 4.0 (igual que Apache OpenOffice, que tamén saltará da
3.4 á 4.0)




The next version (so far called 3.7) will become 4.0.  With this
version, our approach to API and ABI stability changes - from now on,
changes will be possible on case-by-case basis between versions, as long
as the following rules apply:


Non se sabe nada da versión en liña que estaba prevista para finais deste
ano-principios do vindeiro.

Non se sabe nada tampouco da evolución da axuda a formato wiki. En todo
caso existe a promesa de que calquera cambio non supoñería a perda da
tradución que se faga na axuda actual.


Pola súa parte AOO está celebrando estes días a súa confencia de
planificación de desenvolvemento e tamén irá a mellorar temas de
accesibilidade, deseño de interface e infraestrutura (extensións e modelos)
https://blogs.apache.org/preview/OOo/?previewEntry=openoffice_track_at_apachecon_day

Saúdos,

Antón
-- 
Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
Galician community LibO & AOO

-- 
Correo a discuss+h...@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a