Nome de servidor de réplica: http://mirror.galpon.org/

Segundo me informan o servidor está conectado a unha rede de amplo
largo de banda e dispón dunha tarxeta (de rede) de 1Gb; a propia
máquina sincroniza así a 1Gb sempre que a rede do ISP que nos forneza
a conexión o permita.Senón pois a 100 MB como é habitual.
O servidor actualízase cos contidos da TDF cada 8 horas, mediante
rsync, seguindo as instrucións da TDF para a rede de mirrors

Saúdos e boa finde

=====
[[Que contén]]

Nota didáctica: Estrutura do servidor e explicación básica (no que se
me alcanza porque sabemos que non se pode dar as cousas por supostas e
para que o que saiba máis apunte os seus comentarios)

[[Estrutura ]]


http://mirror.galpon.org/tdf/libreoffice/
        -
[DIR]   box/    

Cartafol para a edición en formato .iso para DVD

[DIR]   portable/

É autoexplicativo: versións estábeis portábeis

[DIR]   src/    

Código fonte orixinal, como proxecto exemplar de SwL e tamén recolle
os arranxos de erros da versión en desenvolvemento. Para
desenvolvedores, obviamente

[DIR]   stable/

É tamén autoexplicativo. Aí é onde podemos obter as versións para as
distintas plataformas principais: linux, mac e windows (creo que non
hai para Solaris como en OOo.org)

Para obter a versión windows hai que descargar primeiro o paquete
principal (o de idioma en_US)

        Exemplo para windows:
                LibO_3.3.2_Win_x86_install_multi.exe

        E logo, se queremos ter a Axuda cando non esteamos en conexión, 
necesitamos
                LibO_3.3.2_Win_x86_helppack_gl.exe

Exemplo para Ubuntu:


        En
                http://mirror.galpon.org/tdf/libreoffice/stable/3.3.2/deb/x86/
        Obtemos primeiro
                LibO_3.3.2_Linux_x86_install-deb_en-US.tar.gz
        Depois a interface en galego,
                LibO_3.3.2_Linux_x86_langpack-deb_gl.tar.gz
        E logo, a Axuda
                LibO_3.3.2_Linux_x86_helppack-deb_gl.tar.gz

Nota: como os distintos paquetes aparecen ordenados por orde
alfabética, a ordenación fai que o paquete principal apareza polo
medio a enorme lista, entre os "helppack" e os "langpack". Os
ficheiros con terminación .asc conteñen a correspondente sinatura
dixital que permite comprobar a integridade do ficheiro
correspondente: LibO_3.3.2_Linux_x86_helppack-deb_fa.tar.gz.asc
resulta ser así un seguro de que
LibO_3.3.2_Linux_x86_helppack-deb_fa.tar.gz está completo e resulta
seguro.

[DIR]   testing/

Esté é o cartafol máis útil para nós xa que é o que nos vai permitir
probar as versións beta e candidatas, así como outros compoñentes de
interese para desenvolvedores (paquetes SDK e URE). Ten a mesma
estrutura que o cartafol stable/



Como anécdota: Veredes que en testing/ xa non existe a versión
BrOffice. Os brasileiros abandonan a marca BrOffice para integrarse
como un equipo máis en LibreOffice.


-- 
Antón Méixome - TDF member 105
Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl

-- 
Correo a discuss+h...@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a