Difundídeo!!

Berlin, May 30, 2012 – A Document Foundation anuncia LibreOffice
3.5.4, a quinta versión da familia 3.5 da suite ofimática. LibreOffice
3.5.4 ofrece agora melloras imporantes respecto das versións previas,
que son o resultado combinado de varias optimizacións de código que
foron logradas nos últimos meses e o traballo constante dos
voluntarios e desenvolvedores sobre os problemas e casos de
regresións. Como resultado, LibreOffice 3.5.4 é a versión máis rápida
da mellor suite ofimática libre da historia, con ata un 100% de
ganancia no seu rendemento ao abrirmos ficheiros grandes (con
resultados diferentes segundo o sistema operativo, configuración do
equipo e contidos do ficheiro).

A Document Foundation suxire a todos os seus usuarios anovar a súa
versión a LibreOffice 3.5.4.

LibreOffice 3.5.4 está dispoñíbel para descarga inmediata desde a
seguinte ligazón: http://gl.libreoffice.org/descarga/.

Está dispoñíbel un rexistro dos cambios en
http://wiki.documentfoundation.org/Releases/3.5.4/RC1 e
http://wiki.documentfoundation.org/Releases/3.5.4/RC2.

-- 
Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl

-- 
Correo a discuss+h...@gl.libreoffice.org para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a