Ola, Alguén me podería iluminar sobre a seguinte dúbida? Supoño que a lista tamén é para este tipo de cousas, aquí talvez saberedes máis sobre isto que na de terminoloxía de Cultura Galega.
No campo do software, GUI's, etc. Vexo que "activar" é a equivalencia de "to enable" proposta no glosario de Mancomun e tamén a máis utilizada con diferenza nas traducións que figuran no corpus LOGALIZA do CLUVI. Supoño que "activar" será tamén a equivalencia de "to activate". Alguén me pode explicar se hai algunha diferenza en inglés entre "to activate" e "to enable" ou entre "enabled" e "active"? Por que o verbo "habilitar" é tan pouco usado para traducir "to enable" en galego? (só nun 18% das traducións) Grazas, Manuel ------------ próxima parte ------------ Borrouse un adxunto en formato HTML... URL: http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080714/b28c7742/attachment.htm