O Luns 14 Xullo 2008 14:23, Manuel Souto Pico escribiu:
> Vexo que "activar" é a equivalencia de "to enable" proposta no glosario de
> Mancomun e tamén a máis utilizada con diferenza nas traducións que figuran
> no corpus LOGALIZA do CLUVI. Supoño que "activar" será tamén a equivalencia
> de "to activate".
En trasno están como opcións para "to enable" activar e habilitar.
Ademáis dos significados que tes na cabeza, penso que podes adicionar (ei, 
Leandro tiña razón!) o seguinte: to activate é instanciar unha activación dun 
cómputo, concretamente dunha función.

> Alguén me pode explicar se hai algunha diferenza en inglés entre "to
> activate" e "to enable" ou entre "enabled" e "active"?
Normalmente os dicionarios son moi bons para isto, concretamente o de Espasa e 
o Collins. (alias wordreference e diccionario.reverso.net/ingles-portugues/)

enable /?n'e?b?l/ verbo transitivo 
 (provide means for) to ~ sb to + inf permitir(lle) a algn + inf
 (make possible) posibilitar, permitir

enable  vt 
to enable sb to do sth   (allow)  permitir que alguém faça algo, (make 
possible)  tornar possível, (prepare)  capacitar alguém para fazer algo 

activate ['ækt?ve?t] verbo transitivo activar
activate  vt 
 (mechanism)  acionar, (chem, phys) ativar

Segundo as definicións (foza no dicionario de reverso), if u enable, estás 
permitindo que un ente faga algo, ou que unha acción sexa feita. Mentres que
se o que fas é "to activate a device or process", estás a facer que comece a 
súa actividade.

As opcións manexadas en galego teñen as seguintes definicións atribuidas:
(de digalego e do estraviz)
habilitar:
Habilitar v. tr. (1) Tornar hábil ou apto. (2) Preparar: habilitar um 
candidato. (3) Prover do preciso e necessário. (4) Autorizar. v. r. (1) 
Adquirir habilitações. (2) Justificar com documentos a sua habilitaçom 
jurídica: habilitou-se para o concurso. (3) Preparar-se [lat. habilitare].
habilitar       1    v t    Declarar a alguén hábil ou apto para algo.        
         2    v t    Facer que algo, especialmente un lugar, sirva para un fin 
ou función para o que non estaba destinado.        
         3    v t    Dispoñer un crédito ou un capital para algo.        
         4    v t  DER  Conferir autorización a unha persoa para que 
desenvolva uns actos xurídicos determinados

Activar v. tr. (1) Dar actividade a, tornar activo. (2) Fazer que uma cousa se 
faça, se mova ou funcione com mais rapidez, intensidade ou energia: activar a 
circulaçom do sangue.
activar 1    v t    Facer algo máis activo e máis intenso na acción.        
         2    v t    Facer activo un mecanismo que está detido.        
         3    v t  FÍS/QUÍM  Acelerar algún proceso químico ou físico.        
         4    v t  FÍS  Irradiar unha substancia con partículas atómicas para 
inferirlle radioactividade.

O cal, no extremo, indica que se algo sofre activación, debe indefectibelmente 
desempeñar unha tarefa, mentres que se algo sofre habilitación pois o 
resultado será menos ríxido. Se isto fose así, e estivésemos a ler un 
periódico en internet, poderíamos, se nos desen a posibilidade, activar a 
opción de non mostrar as imaxes, ou habilitar a opción de non mostrar imaxes 
violentas.

> Por que o verbo "habilitar" é tan pouco usado para traducir "to enable" en
> galego? (só nun 18% das traducións)

Iso deberías perguntarllo a quen traduza.

Eu o verbo "enable" caseque só o atopo en textos de axuda da gui, e non 
emprego nen act. nen hab., senón "Se sinala/desmarca esta opción" ou "Se 
escolle esta alternativa", dependendo de se vai asociado a un widget do 
tipo "checkbox" ou a un grupo de "radiobuttons", pero como xa saberedes 
todos, eu con tal de "pump up sb. bollocks" fago o que sexa.
-- 
Best regards,
MV

Responderlle a