2008/9/5 Anton Méixome <meixome en mancomun.org>:
> Moi interesante,
>
> En principio pode parecer moito diñeiro. Só con pensalo un pouco xa se ve
> que resulta unha cantidade modesta aínda que faltan bastantes datos para
> valorar ata onde vai traballar a toponimia mundial.
>
> Supoño que non se tratará dun traballo só de compilación do que hai, que
> tamén, senón que en moitos casos será de auténtica elaboración de solucións
> (Asia, África... abrumador) por moito que a CRTVG teña sen dúbida o maior
> fondo de toponimia internacional en lingua galega, porque leva máis de 20
> anos elaborando información internacional na nosa lingua. Agora suponse que
> se trata de dar tamén un paso definitivo de "fixación" para o estándar ao
> facer un proxecto terminolóxico específico e público.

Si, penso que eses cartos ata poden ser poucos, só puxen a cifra para
facer ver que isto non vai ser unha especie de operación a medias. E
sen dúbida a participación da CRTVG é importante, xa que como
comentades ten moita experiencia nisto.

Agardo que nós poidamos colaborar, ou polo menos obter toda esa
información a medida que se vai fixando para incorporala ás nosas
traducións, e ir creando recursos para nós.

Respecto do da colaboración penso que o da carta é boa idea, pero
ademais un pouco de presión institucional tamén estaria ben. Ademais
poderiase falar de intentar o mesmo cas moedas, linguas, xentilicios,
etc, xa que só parece que se van centrar nos topónimos (estados,
rexións e cidades creo).

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a