http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=908&catid=92&Itemid=130

Acaba de ser publicada a folla de ruta tecnolóxica da Xunta do Partido 
Popular e todo parece confirmar os peores agoiros que ameazaban os 
proxectos tecnolóxicos iniciados polo bipartito. Iniciativas tan 
positivas como Mancomún, Galinux ou a Rede de Dinamización quedan 
condenadas a desaparecer unha vez que o PEGSI sexa derogado polo novo 
"Plan Estratéxico Global" que se licitará neste mes de xullo.

Tal como se pode comprobar no documento aprobado hoxe, a Xunta do 
Partido Popular acaba de aprobar un plan no que os proxectos 
tecnolóxicos do bipartito desaparecen completamente, sen propoñer 
alternativas concretas que os reemprazen.

En contra das promesas electorais de Núñez Feijóo -lembremos que 
prometeu implantar o software libre na Xunta- o plan tecnolóxico nin 
siquera menciona esta posibilidade. Esta omisión resulta especialmente 
significativa nun dos eixos prioritarios, o do "e-goberno" (ou sexa, a 
administración electrónica) no que nin sequera se mencionan os 
estándares abertos.

A falta de compromiso co software libre contrasta coas adxudicacións 
multimillonarias feitas a Microsoft e autorizadas polo Partido Popular 
en canto chegaron ao poder, tal como denunciou no seu día a prensa.

Feijóo mesmo chegou a verse recentemente traizoado polo subconsciente ao 
afirmar "Me gustaría poder tener un 'Power Point' para explicar todo el 
plan", nunha rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Toda unha 
declaración de principios implícita.

-- 
---
      Saúde.
......................................................................
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
......................................................................

Responderlle a