Esta mañá estiven na Escola de Telecos é xa temos reservados os espazos.
Pulimos un chisco a axenda ** Mesa redonda 1 de 1o:30 a 11:30 ( a de empresas-administración? ** Acto de presentación da xornada (fotos oficiais etc...) coa participación da Dtra da Escola, e algunha outra "autoridade" 11:45-12:00 ** Conferencia / debate de 12:00 a 13:00 ** Mesa redonda 2 de 13:15 a 14:15 Comida comunitaria Para a conferencia teño falado (e ofrécense a facelo) con profesores da universidade que falarían dos "estándares nos formatos" como algo necesario/imprescindible, algo que a min (xa que isto non vai de SwL, senón de formatos libres) é que un deles é usuario de Mac, Temos tamén confirmada a gravación e posterior publicación da xornada polo equipo de uvigo.tv Tamén estamos a ver de artellar un equipo de voluntarios de entre os alumnos de Tecnoloxía multimedia, para facer instalacións de LibreOffice nos computadores con Win e Mac dos alumnos que o soliciten. Para iso disporei dun feixe de "pinchos" USB e non ter que estar todo o tempo tirando da rede (e agardando). ------------ próxima parte ------------ Borrouse un adxunto en formato HTML... URL: <http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20110222/bdef13dc/attachment.htm>