-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE----- Hash: SHA1 Deixádeme opinar nisto que sendo socio de Trasno tamén me atinxe...
> E como > voluntario do software libre, aproveito para chamar a túa atención sobre o > feito de que Trasno aínda non se posicionara públicamente contra a política > destructiva do Partido Popular Certamente Suso, ti cres que un goberno colaboraría ou planificaría unha estratexia de colaboración con un grupo que o critica e descalifica todos os días. Eu persoalmente non o faría e podería deseñar estratexias a prol do software libre que nada teñan que ver con nós. E en ningún momento estarían a incumprir promesas electorais. O que me estou temendo con esta actitude de enfrontamento co goberno, é que se replique a situación de Valencia, onde a goberno non está en contacto coa comunidade. E aquel está desenvolvendo, moito e ben, software libre. Lembremos o gvGIS que tan ben traballa. E coidado en ningún momento estou dicindo que non haxa que tirarlles das orellas, senón que o máis produtivo para todos sería convocar unha reunión para ver que estratexia queren seguir que aínda a día de hoxe non sabemos nada. E iso é o realmente alarmante, non que unha asociación se posicione. Saúdos - -- Fran Diéguez http://www.mabishu.com - listas en mabishu.com GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 -----BEGIN PGP SIGNATURE----- Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux) Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org iEYEARECAAYFAkrkujsACgkQmLtmJqKk+bhINgCfUpqxLRNq3Gv6cazCDMr6d1Oh 6yYAmwVpNWdrUar6yJEm2e8TSH6pn0T3 =24AU -----END PGP SIGNATURE-----