[G11n] como traducir stack en programación

2009-05-20 Conversa Enrique Estevez
Ola.

Dende a Oficina no obradoiro de tradución que fixemos (que estivo moi ben, a 
ver se publicamos unha nova cos resultados, valoracións e co traballo que se 
realizou) meteuselle man ao netbeans (proxecto grande de máis de 130 mil 
cadeas).

Agora temos unha dúbida cunha tradución que é moi importante. A palabra en 
cuestión é stack.

Méixome estivo por alí e recomendou montón, pero despois de falar con varios 
informáticos non é palabra axeitada. A nosa experiencia di que tampouco sería 
válida, xa que o contexto para que os non o sepan sería o seguinte.

Stack é unha lista LIFO. Last in - First out (úlitmo en entrar - primeiro en 
saír), podedes consultar máis na wikipedia.
A maiores un stack ven sendo unha estructura de datos, como pode ser un 
enteiro, un string, ..., pero coa particularida comentada arriba.

Un montón sería o que soen por como heap.

Suxerencias para stack, senón queda sen traducir.

Unha aperta.


[G11n] Nova moi interesante

2009-05-20 Conversa Leandro Regueiro
2009/5/20 damufo damufo en gmail.com:

 con respecto a isto citado no artigo
 http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/05/19/0003_7727059.htm

 La Academia procede actualmente a la revisión y actualización del 
 diccionario, cuya segunda edición podría estar lista a finales de año, según 
 fuentes de la institución. En ese caso, su puesta en la Red podría llevarse 
 a cabo unos meses después, aunque aún no hay una decisión sobre ello.

 Pois dicir que iso mesmo me dixeron a min hai 3 ou catro anos.
 Prece que non cambiaron o rollo e seguen dicindo as mesmas mentiras.
 Por desgraza a RAG non funciona. O do dicionario é sangrante!.

Total cando o saquen (se o sacan) terá menos cousas que o digalego que
tampouco é moi alá.

Realmente os da RAG deberian plantexarse se ten sentido que siga
existindo, porque tampouco fan nada que realmente mellore a situación
do galego. Ca descoordinación que hai (de feito todos eses organismos
que están esparexidos por aí deberían estar subordinados á RAG) non
estraña que sigamos así.

Ata logo,
Leandro Regueiro


[G11n] como traducir stack en programación

2009-05-20 Conversa mvillarino
2009/5/20 Leandro Regueiro leandro.regueiro en gmail.com:
 dun pino??

Postos a escoller, digamos castiñeiro, cerdeira, ciprés, carballo,
xatoba, teca ou calquera outra madeira de ebanista, ou?


[G11n] como traducir stack en programación

2009-05-20 Conversa Leandro Regueiro
2009/5/20 Miguel Bouzada mbouzada en gmail.com:
 das opcións que vin:

 Meda ? segundo o momento (despois da colleita) ou o destino,  correspondería
 a unha estrutura LIFO ou a unha FIFO (son de orixe campesiña e fixen moitas
 medas), incluso até pode ser sinónima de morea (os mollos egún se segan
 agrupanse en medas, na que os mollos van en vertical, o que fai que non haxa
 punto de inicio nin de fin.
 Rima ? ten unha acepción LIFO, pero xa que tamén se emprega para para
 expresar a concordancia de fonemas ... non me parece a máis axeitada
 Restra ? podería ser FIFO ou LIFO (incluso un array dunha dimensión)

Un array dunha dimensión sería un vector, e un de varias seria
unha matriz.

Ata logo,
  Leandro Regueiro