Unha cousa que non comentei é o feito de cómo facer os femininos e 
plurais con este modelo.

- invariábel
- variando en xénero e número (engadindo -s)

Optaría pola segunda opción

1ra e 1ras,
2do e 2das,...

Por se non queda suficientemente claro, o criterio é coller sempre as 
últimas dúas letras da palabra (ou frase que indica o número) abreviada, 
agás no plural onde se marca o plural pemitindo unha letra máis para que 
se manteña a transparencia e sistematicidade.

Por suposto, tamén me parece obvio, nos número compostos a partir do 
11mo farase seguindo a mesma lóxica de conservar as últimas dúas letras 
aínda que sexan números que se escriben separados (desde o cambio da 
Normativa no 2003).

décimo segundo > 12do e non *10m2do nin *décimo 2do
vixéximo terceiro > 23ro e non *20m3ro

Tendo en conta ademais que o feminino  ou o plural normal  só varía no 
segundo elemento nestes casos:

décimo segunda  > 12da
vixésimo terceiras > 23ras

Creo que non me esquezo de ningún detalle, xa...

Antón



-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 <meixome @ mancomun.org>

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : meixome.vcf
Tipo       : text/x-vcard
Tamaño     : 854 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090610/c7be6425/attachment-0001.vcf
 

Responderlle a