[G11n] Tradución do Enigmail

2009-12-21 Conversa Dani
Ola Luis,

a ultima versión do enigmail, 1.0, que traballa con thunderbird 3.0 xa
está en galego.  de todos xeitos, se non utilizas a ultima versión
podoche pasar o xpi da traducción ao galego para a 0.96, a 0.97, ou
sexa cal sexa que utilices.

un saúdo
dani

2009/12/21, José Luis Juncal Pérez jluisjuncal en yahoo.es:
 Bos días,

 fai tempo que utilizo o enigmail e estou interesado en traducilo.

 Gustaríame saber si hai neste momento algún grupo a traballar sobre el e
 como poñerme encontacto.


 Un saúdo,

 J. Luis Juncal Pérez
 jluisjuncal en yahoo.es



[G11n] tradución nautilus-image-converter

2009-11-09 Conversa Dani
boas,

fai tempo que fixen a tradución deste pequeno complemento do nautilus:
nautilus-image-converter. o único que fai é engadir ao menú contextual
de nautilus un par de elementos cando se trata dunha imaxe:
redimensionar imaxe + rotar imaxe. 

a tradución foi moi rápida, porque era un .po con pouquiñas cadeas. logo
púxeno a funcionar copiando o .mo
en /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/nautilus-image-converter.mo

tratei de poñerme en contacto, en máis dunha ocasión, cos
desenvolvedores por correo electrónico a través da páxina web [1] do
proxecto, e non obtiven resposta.

tampouco o mantedor do paquete de debian me contestou (ou si, pero
díxome que xa non o levaba el)...

engadín algunha cuestión no launchpad de ubuntu para o tema da tradución
(creo que tamén no de debian)... en fin, que tentei darlle por todos os
lados pero algo un pouco perdido. non teño claro con quen debo poñerme
en contacto para que a tradución pase a formar parte dos repositorios,
tanto de debian como de ubuntu. algunha suxestión?

ademais, durante este tempo de esperar contestacións de correo,
descubrín que a tradución non funciona ben, tampouco a de castelán, hai
unhas liñas que aparecen nunha ventá con barra de progreso mentres se
executa o redimensionado, ou ben a rotación, que, aínda que traducidas
no .mo, aparecen en inglés igualmente... unha chapucilla!, pero claro, o
desenvolvedor non me fai caso ningún. opinións?

un saúdo,
dani

pd: mandaría o .po á lista, mais non teño moi claro se está ben visto
iso de anexar ficheiros nos correos da lista, que me dicides? 

[1] http://www.bitron.ch/software/nautilus-image-converter.php




[G11n] [terminoloxía] enigmail

2009-11-05 Conversa Dani
2009/11/5 Antón Méixome meixome en mancomun.org



 
  -'quoted-printable' messages??
 
 
  ninguén me axuda co quoted-printable?
 
 
 texto entre comiñas imprimíbel
 

a verdade é que teño que mirar o contexto, porque non me cadra moito.


  -CLEARTEXT - TEXTO PLANO
 
  texto plano normalmente é PLAIN TEXT, danos o contexto ou máis
 información.
 
 plain text = texto (plano)
 clear text = texto en claro (sen cifrar)


tes razón, ho! a verdade é que non me daba conta, per está claro (non
plano!)

 
  - revoke - revogar?
 
 
 revogar

actualmente xa puxen revogar en todas as cadeas, só quería confirmar.



  Unha nova que se me escapara:
  - indented - ¿?
 
 sangrado

non me soa nada ben o de sangrado, pero é certo que o teño visto. gracias.


  Alguén se anima a instalalo e botarlle un ollo á tradución??
 
 manda pa'cá

 á noite fago as modificacións e mándoche o .xpi novo.

atopei outra que se me escapara:
- timeout

saúdos,
dani
 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091105/362b0f06/attachment.htm
 


[G11n] [terminoloxía] enigmail

2009-11-05 Conversa Dani
 - revoke - revogar?
 
  revogar
 
  actualmente xa puxen revogar en todas as cadeas, só quería confirmar.

 Por moi raro que che soe é revogar. Mira en calquera dicionario.


creo que se me entendeu mal. sempre utilizaba revocar, na fala, logo púxenme
a traducilo e efectivamente mirei no dicionario e vin o de revogar. entón
puxen todo a revogar. agora que, como nos dicionarios ás veces non atopas
consenso, que se ven cousas moi raras, ou eu que sei, o caso é que o peguei
no correo, só esperando que alguén me dixera: si ho! revogar, claro que si,
utilizámolo todos!!. e sóame raro, pero...voume afacendo.


  Unha nova que se me escapara:
  - indented - ¿?
 
  sangrado
 
  non me soa nada ben o de sangrado, pero é certo que o teño visto.
 gracias.

 Indent = sangrar
 Indentation = sangría

  atopei outra que se me escapara:
  - timeout

 Ten varias traducións que poderías ver se miras nos glosarios (non mo
 tomes a mal, pero é que o que nós facemos en primeiro lugar é
 consultar aí, así que te aforrarías o traballo de escribir a mensaxe,
 ler as respostas, e obterías unha boa resposta no momento):


 https://forxa.mancomun.org/plugins/scmsvn/viewcvs.php/*checkout*/glosario_09.csv?root=gls
 http://trasno.net/trasno:glosario

 non a tomo a mal,  moi boa recomendación, en serio (case podo dicir que a
estaba agardando), o caso é que sempre me lío, non sei onde mirar, atópanse
tantos recursos na rede, algúns novos, outros vellos, uns aquí, outros alá,
e un non sabe de onde tirar, a que facerlle caso, e menos cando apenas se
ten experiencia na tradución, que non se sabe por onde tirar. Coñecer as
dinámicas da comunidade galega de tradución é un dos meus propósitos, así
que agradezo mensaxes deste tipo (non lle des o peixe, ensínalle a pescar. e
sen malos rollos).

pois iso, moitas gracias, leandro

pd: o meu seguinte paso é enterarme das dinámicas de mantemento dunha
tradución, que non teño nin idea. como aprobeito o traballo que teño feito
con enigmail cando saquen a próxima versión? veño de descubrir omegaT e
paréceme que ten un bo sistema para facer isto..pero... moito me queda por
investigar. moitas gracias, de novo.


 Ata logo,
Leandro Regueiro
 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091105/eddc0fec/attachment-0001.htm
 


[G11n] [terminoloxía] enigmail

2009-11-05 Conversa Dani
gracias aos dous, gonçalo e leandro, mais polo momento, quédome coa
resposta de leandro, que é a que me custa menos entender e que vai
directamente ao que eu me preguntaba. a de gonçalo manexa moitas
tecnoloxías que non coñezo en poucas liñas, polo que me perdo un pouco.

unha aperta,
dani

O Xov, 05-11-2009 ás 19:59 +0100, Leandro Regueiro escribiu:
 2009/11/5 Gonçalo Cordeiro gonzalo en tagenata.com:
  Leandro Regueiro escreveu:
 
  2009/11/5 Gonçalo Cordeiro gonzalo en tagenata.com:
 
 
  pd: o meu seguinte paso é enterarme das dinámicas de mantemento dunha
  tradución, que non teño nin idea. como aprobeito o traballo que teño
  feito
  con enigmail cando saquen a próxima versión? veño de descubrir omegaT
  e
  paréceme que ten un bo sistema para facer isto..pero... moito me queda
  por
  investigar. moitas gracias, de novo.
 
 
 
  Aproveitarase todo o que fixeches porque calquera aplicativo máis ou
  menos estándar para localización de software que empregues permite
  incorporar o ficheiro po da tradución anterior, á parte de que a nova
  versión xa che virá coa túa tradución anterior incorporada se o envías
  agora ao proxecto para que o recollan.
 
 
 
  Sendo un proxecto que use Gettext si, pero o Enigmail é unha extensión
  para algún dos produtos de Mozilla e alí usan outro formato. O
  traballo con eses formatos non o teño moi explorado, pero dalgún xeito
  se foron reutilizando as tradución de Firefox e familia...
 
 
 
  Se o que queres é utilizar umha memoria de traduçom baseada em TMX, podes
  utilizar como dis o OmegaT, ou dar-lhe umha oportunidade ao Lokalize,
  Virtaal, Open Language Tools e outros com soporte a este formato.
  Com aplicativos como o Gtranslator, pode-se basear esta memória no
  formato
  PO, bem mediante conjuntos de ficheiros ou incorporados num único
  compendio de traduçom. Podes experimentar co msmerge e demais
  utilidades
  Gettext.
 
  De todos modos, o que se consegue com isto é reaproveitar trabalho
  anterior
  (próprio ou doutros/as colegas), o que normalmente é mais rendível
  utilizado
  interactivamente, mediante umha ferramenta de traduçom que vaia sugerindo
  alternativas e coincidências com traduçons anteriores.
 
  Os problemas podem vir se o que se pretende aplicar um conjunto de
  traduçons
  prévias a um ou mais ficheiros, porque é difícil solucionar a
  ambiguidade.
  Por exemplo, se se utiliza umha memória do Gnome, em qualquer das suas
  formas, aplicada em seu conjunto a um PO em concreto, umha coincidência
  do
  100% numha memória para umha mensagem cuja traduçom é dependente do
  contexto, é necessária a intervençom da persoa tradutora para adoptar
  umha
  soluçom. Quer dizer, nem sempre é factível aplicar automaticamente umha
  memória, independentemente do formato, e dar por válida a pretraduçom.
  Claro
  que isto é mais factível quando se aplica a um ficheiro de dimensons
  reduzidas umha memória consistente unicamente numha versom anterior do
  mesmo
  ficheiro.
 
  Outra estratégia possível é basear o processo em XLIFF e ir vendo como
  proceder com as actualizaçons. Para isto hai alternativas como as
  OpenLanguageTools ou o Lokalize. Ambos trabalham com TMX e XLIFF, e o
  Lokalize ademais soporta o formato TBX. O desenvolvedor do Lokalize
  escreveu
  um script XLIFFmerge.py que pode ser de grande ajuda para implementar um
  processo de actualizaçom com certas garantias. De facto, umha das opçons
  é a
  de manipulaçom de IDs nom coincidentes e nom apenas baseado num source
  tomado como ID.
 
  Para combinar estas funcionalidades, é necessário, para além da
  ferramentas
  mencionadas, utilizar por exemplo o TranslateToolkit para as conversons
  TMX---PO,Properties etc.---. Tem algum bug com a manipulaçom dos
  escapes,
  mas pode-se experimentar com ele.
 
  Vamos, que depende da ferramenta utilizada e as opçons que permita, mas
  depende mais ainda da estratégia e necessidades que se tenham que
  enfrentar.
 
 
  Creo que ao que se refiria era a tendo unha versión traducida como se
  fai para traducir a nova sen ter que traducir outra vez de cero o que
  xa estaba traducido, é dicir, o que en Gettext sería actualizar cun
  novo POT.
 
 
  O do POT de onde o tiras? Achei que se falava em enigmail...
  gostavas era da resposta curta?
  vai: co enigmail, chungo; com projectos grandes difícil, em Gettext já
  hai ferramentas...
  creio que nom me esqueceu nada...
 
 Non sei de que falas. Eu simplemente comentei que o que ti dicias está
 moi ben, é correcto, pero que o que precisaba o tradutor é o que pon
 nas seguintes liñas:
 
  como aprobeito o traballo que teño
  feito
  con enigmail cando saquen a próxima versión?
 
 o que entendo é que o que quere é algo como o que pode facer un
 tradutor con Gettext cando ten o po ca tradución da versión anterior:
 colle o novo POT, fusiona co po anterior e obtén un po actualizado
 onde só hai que traducir o novo ou traducir/completar o que cambiou

[G11n] [terminoloxía] enigmail

2009-11-05 Conversa Dani
Antón,

aí vai o .xpi para a versión actual do enigmail 0.9.6.

se alguén máis quere probalo, pois aí vai.

eu levo un par de días usándoo, corrixindo algúns erros que detectei, e
penso que xa o vou enviar á lista de enigmail, despois, se alguén atopa
erros, xa me diredes e corriximos.

saúdos,
dani

O Xov, 05-11-2009 ás 12:54 +0100, Antón Méixome escribiu:
 Dani escribiu:
  O Lun, 02-11-2009 ás 17:07 +0100, Leandro Regueiro escribiu:


  Alguén se anima a instalalo e botarlle un ollo á tradución??

 manda pa'cá
  saúdos,,
  dani
 
 


 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : enigmail-gl-ES-0.96.0.xpi
Tipo   : application/zip
Tamaño : 31561 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091105/20538361/attachment-0001.zip
 


[G11n] [terminoloxía] enigmail

2009-11-04 Conversa Dani
O Lun, 02-11-2009 ás 17:07 +0100, Leandro Regueiro escribiu:
 2009/11/1 Dani monfero en gmail.com:
  boas,
 
  xa teño máis ou menos listos os dous ficheiros principais da tradución
  de Enigmail e fun tomando algunhas de cousas que non teño moi claras, aí
  van:
 

 
  -'quoted-printable' messages??

ninguén me axuda co quoted-printable?


  -CLEARTEXT - TEXTO PLANO
 
 texto plano normalmente é PLAIN TEXT, danos o contexto ou máis información.
 
polo xeral falan de plain text, efectivamente, mais, aínda que non
comprobei onde sae exactamente, vai o contexto da tradución:
statSigned=SIGNED
statEncrypted=ENCRYPTED
statPlain=CLEARTEXT

eu penso, que se trata do mesmo texto plano, non?

 
  - revoke - revogar?
 
 si, nalgúns contextos pode ser rexeitar...

aquí falamos de revoke key, crear certificados de revogación para as
chaves. o caso é que eu normalmente, pois dicía revoCar.


Unha nova que se me escapara:
- indented - ¿?


Quitando isto, xa está lista a tradución. Agora teño problemas porque se
fago o .xpi para a última versión estábel do complemento (0.96.0) non
funciona, así que probei coa anterior (0.95.7) e estou verificando
algúns erros.

Alguén se anima a instalalo e botarlle un ollo á tradución??

saúdos,,
dani





[G11n] [terminoloxía] enigmail

2009-11-01 Conversa Dani
boas,

xa teño máis ou menos listos os dous ficheiros principais da tradución
de Enigmail e fun tomando algunhas de cousas que non teño moi claras, aí
van:

unfortunately - desafortunadamente
running - executando
warning - atención?
highly recommend?
check box (no contexto de: please check box if...)
debugging - depuración?
TEMP environment variable - variábel de contorno TEMP
locked - bloqueada? (Compose window is locked - a ventá de composición
está bloqueada?)
-abort - abortar?. non me gusta moito. cancelar tamén ven ao caso, pero
non sei se por norma utilizades abortar. p.e: Send operation aborted.
- cancelouse o envío?
- click - sempre substituído por premer
-inline - en liña??
-html warning- alerta de html?
-check box - marcar opción?
-Do you wish to proceed? - Quere proceder?
-'quoted-printable' messages??
-unsend messages folder - carpeta de mensaxes sen enviar?
-retry - reintentar?? retentar?? tentar de novo?
-pen icon - icona do lapis
-CLEARTEXT - TEXTO PLANO
-delete - eliminar ou borrar?
-untrusted - non confiábel?
- good signature - sinatura correcta?
- bad signature - incorrecta?
- enbedded - embebida???
- invalid - inválido, ou non válido?
- standard - estándar
- Please note that - ¿? 
- revoke - revogar?
- secret key: chave privada (ou chave segreda?). vexo que en enigmail
falan de public key e secret key, non de private key, así que penso que
a mellor tradución é chave privada, non?
clipboard - portapapeis?
backup copy - copia de seguranza


sucessful - esta palabra utilízase moitas veces, sempre no contexto de
que algo saiu ben, claro. pe: decryption was successful. polo xeral, a
miña traducción para estes casos foi un fíxose tal cousa con éxito
mais non me acaba de gustar. p.e: descifrado con éxito. tamén pensei no
correctamente - descifrado correctamente.
que me suxerides?

failed to.. - do mesmo xeito que successful, temos o failed to para
indicar que a cousa non foi ben. a miña escolla foi houbo un erro
facendo tal cousa. Failed to initialize Enigmail. - Houbo un erro ao
arrancar Enigmail.
suxestións?

Error - tal e cual. moitas veces aparece este texto, que eu traducín
como: Erro - tal e cual, mais penso que tal vez fose mellor un Houbo
un erro en tal e cual. 
suxestións?


e penso que con isto xa vai. mentres vou mirando como poñer a andar a
tradución no thunderbird.

unha aperta,
dani



[G11n] dúbidas Enigmail

2009-10-20 Conversa Dani
boas,

por fin retomei a tradución do Enigmail, un plugin PGP/GPG para
Thunderbird.

bom, vou dando con varios problemas na tradución e quería comentar algún
deles:
hash algotihtm - algoritmo Hash ; parecevos boa tradución?
idle - ausente?
reset - reiniciar?
Web of Trust - ?¿ (Web de confianza?)
Log directory - directorio de ficheiros de rexistro? (a miña dúbida está
en se traducir log, principalmente)
logfile - ficheiro de rexistro (o mesmo)
missing keys - chaves que faltan (ou chaves perdidas?)
refresh - recargar
fingerprint - aquí non sei se poñer pegada dixital ou impresión
dixital. o da impresión dixital vexo que é o que usan en portugués, e
tamén aparece na tradución de seahorse de quinteiro... así que, por
coherencia, supoño que mellor impresión dixital, non?

algo que atopei no seahorse, que non me gustou foi un: impor a
confianza do propietario, que supoño que é un set trust on key owner
ou algo polo estilo. é común utilizar iso de impor no lugar de set?

mais nada, polo momento.

un saúdo,
dani






[G11n] buscando un lematizador (algoritmo de stemmer) para o galego

2009-08-07 Conversa Dani
moitas gracias pola info. botareille unha ollada a estes programas a ver se
me apaño con algún.

saúde e alegría,
dani

2009/8/6 marce mvillarino en gmail.com

 O Xoves, 6 de Agosto de 2009 12:34:10 Dani escribiu:
  estou buscando un lematizador galego para unha aplicación de redes
  semánticas e visualización de datos. A aplicación xa está feita, e
 funciona
  co castelán, mais comentáronme que para que funcione en galego é preciso
  algo así como un lematizador para o galego. Non teño moi claro que é iso,
  pero ocorreuseme que por aquí, se hai alguén que traballe con tecnoloxías
  lingüísticas, se cadra me podía orientar. así que... calquera comentario
  será benvido.

 Dúas opcións normalmente esquecidas:

 -snowball, a language for stemming algorithms
 http://snowball.tartarus.org/texts/introduction.html
 (que é o preferido por Nick Shaff.)

 -Hunspell (consulta http://www.linuxcertif.com/man/4/hunspell/)
 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090807/5596d662/attachment-0001.htm
 


[G11n] buscando un lematizador (algoritmo de stemmer) para o galego

2009-08-06 Conversa Dani
boas,

estou buscando un lematizador galego para unha aplicación de redes
semánticas e visualización de datos. A aplicación xa está feita, e funciona
co castelán, mais comentáronme que para que funcione en galego é preciso
algo así como un lematizador para o galego. Non teño moi claro que é iso,
pero ocorreuseme que por aquí, se hai alguén que traballe con tecnoloxías
lingüísticas, se cadra me podía orientar. así que... calquera comentario
será benvido.

saúdos,
dani
 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090806/871c756b/attachment.htm
 


[G11n] posible tradución de Enigmail - extensión de cifrado PGP/PGP para Thunderbird

2009-06-11 Conversa Dani
boas,

estamos a facer uns obradoiros de correo seguro no CS Atreu, na Coruña,
e surxiu a idea de traducir esta extensión de Thunderbird, xa que onte a
estivemos a utilizar en inglés. 

Quería comentalo por se hai xente que estea a traballar na tradución,
xente que queira colaborar, ou mesmo alguén se que anime a vir a algún
dos obradoiros, a aprender/axudar/parcitipar (a verdade é que son
bastante caóticos, hehehe)

Tamén lle botamos un ollo a FireGPG, unha extensión para cifrar/asinar o
correo de gmail, para xente que non utiliza pop/smtp, e se cadra tamén
hai interese en traducila.

Algunha suxestión/comentario?

Un saúdo,
Dani




[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] [Tradutores-Ubuntu] Glosario en Mancomún

2007-05-11 Conversa Dani Muñiz

J. Arribi escribiu:
 Ola Dani:
 
 O primeiro, agradecerche a ti e ao resto da lista os comentarios. 
 Parecía que a lista estaba morta :-). Dito isto, gustaríame aportar un 
 par de matizacións, sempre en positivo.
 
Non fai falla, trátase de aportar.  Eu tamén intento facer as cousas en 
positivo.

 O glosario é froito do traballo de localización feito por voluntarios e 
 varias empresas de tradución galegas. Toda a terminoloxía, na medida do 
 posible, foi sancionada polo Termigal que é o organismo encargado da 
 coordinación xeral das actividades terminolóxicas relativas á nosa 
 lingua (http://gl.wikipedia.org/wiki/Termigal). Aínda así, teño que 
 dicir que o valor engadido aportado polas empresas e voluntarios foi 
 determinante. En calquera caso non creo que sexa positivo entrar a 
 discutir sobre as eleccións dos termos elixidos para o glosario nesta 
 lista, xa que para elo habilitamos o wiki. Mancomun.org non escolleu 
 ventá, foi o Termigal, por certo, para a nosa sorpresa.
 
Penso, que como dixen era mellor ter consensuado un glosario  con outros 
grupos de tradución. Con respecto da elección dun termo penso que se 
tamén está estendido o uso de outro sinónimo, sería bo que se xustificase.

 Respecto a determinadas opcións como -ble ou -bel forman parte da guía 
 de estilo de cada grupo de tradución, e como tal cada quen debe escoller 
 ao seu gusto as súas opcións estilísticas, sen dúbida.
 
Isto xa é outra cousa, pero tamén sería bo que se debatese.

 Por último, o wiki é un espazo aberto así que penso que algo debeu 
 fallar porque se te rexistras podes modificar calquera termo sen 
 necesidade de aprobación previa, ademais de ter unha sección de 
 discusión moi útil coa que debater.
Eu penso que a lista é moito mellor para debater estas cousas.

Finalmente, e despois de preguntalo varias veces, quería saber se os 
diferentes grupos que teñen acceso a esta lista estan dispostos a 
consensuar (non sei cantas veces escribín esta palabra xa) un glosario 
común.

Saúdos

Dani


 
 Un saúdo.
 
 J. Arribi
 
 /
 
 /
 Dani Muñiz escribiu:
 Ola:
 Como se soe dicir: Aquí cada tolo co seu tema
 Non sería mellor consensuar os glosarios entre os grupos de tradutores??
 Por certo o glosario de mancomún, estar estará nun wiki, pero non se 
 pode editar.
 Eu son partidario de que haxa un, senón pasará o de sempre, cada un 
 traduce como lle da a gana (non quero dicir que non haxa unha marxe 
 pero penso que sería bo que certos termos mais ou menos comúns fosen 
 consensuados). :
 Por exemplo aprecio no de trasno:

 window
 1. n.f. fiestra (recomendado)
 2. n.f. xanela
 3. n.f. ventá

 e no de man común: optan por ventá

 É un pequeno detalle e hai máis

 Saudos


 Felipe Gil Castiñeira escribiu:
 Ola a todos,

 En Mancomún acaban de publicar un glosario de termos tecnol'óxicos 
 inglés-galego, baseados na tradución que fixeron do OpenOffice.org, 
 Firefox e Thunderbird. Sen dúbida moi interesante.

 Un saúdo.

 A ligazón: http://wiki.mancomun.org/index.php/Glosario


 

 ___
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
   
 ___
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
 



[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] [Tradutores-Ubuntu] Glosario en Mancomún

2007-05-10 Conversa Dani Muñiz
Ola:
Eu son dos que pensa que o mellor é consensuar, e como comentei antes 
sempre vai haber onde o tradutor pon o seu gran de area.
Tan difícil é chegar a un acordo?
Xabier comenta glosario do Cesga está validado polo Termigal, isto non 
quita que á hora de escoller un termo ou outro non haxa criterios mais 
ou menos persoal (subxectivo) pois as veces poden haber mais dun temo 
que se adapta á tradución (ollo!! eu non son experto en nada, o meu é so 
unha opinión).
Eu non son un entusiasta do galego da RAG mais aceptoo a pesar de que 
este organismo non vela nin traballa polo galego o suficiente (por dicir 
algo).
En definitiva, penso que sería bo que os tradutores fixésemos un esforzo 
por consensuar un glosario e que os do cesga (mancomun) da a impresión 
que van por libre (iso non me gusta).

A miña proposta (opinión) é que sería bo tratar de unificar (consensuar) 
u glosario para todos os grupos de tradutores.

Saúdos

Felipe Gil Castiñeira escribiu:
 Nesta lista,  a maioría das traducións deberían ser as das modificacións 
 que fan en Ubuntu de programas que xa están medio/completamente 
 traducidos, polo que deberíamos seguir o glosario do tradutor orixinal 
 (para non romper a unidade da aplicación), pero no caso das aplicacións 
 concretas de Ubuntu que se traducen enteiras, ou os que traduzamos algún 
 programa por outro lado:
 
 ¿Que glosario deberíamos seguir?
 
 Non teño unha opinión formada, gustaríame saber que opinades.
 
 Un saúdo.
 Felipe.
 
 P.S.: Se non nos gusta totalmente o de Mancomún, sempre o poderíamos 
 copiar e modificar ao noso gusto (supoño que non haberá ningún problema 
 de tipo legal).
 
 
 Nacho [eXr] wrote:
 Ola,

 eu opino o mesmo. Un glosario consensuado e común de verdade. Esas
 pequenas diferencias poden estragar unha traducción xa que nun punto
 terá «ventá» e noutro «fiestra». E tan só é un pequeno exemplo. O 
 mesmo
 podería pasar en termos como «escritorio», «espazo de traballo»...

 De todos modos que a de mancomún sexa unha «suposta» wiki pode axudar ó
 seu desenvolvemento como fonte principal do glosario.

 Un saúdo

 On jue, 2007-05-10 at 10:05 +0200, Dani Muñiz wrote:

   
 Ola:
 Como se soe dicir: Aquí cada tolo co seu tema
 Non sería mellor consensuar os glosarios entre os grupos de tradutores??
 Por certo o glosario de mancomún, estar estará nun wiki, pero non se 
 pode editar.
 Eu son partidario de que haxa un, senón pasará o de sempre, cada un 
 traduce como lle da a gana (non quero dicir que non haxa unha marxe pero 
 penso que sería bo que certos termos mais ou menos comúns fosen 
 consensuados). :
 Por exemplo aprecio no de trasno:

   window
   1. n.f. fiestra (recomendado)
   2. n.f. xanela
   3. n.f. ventá

 e no de man común: optan por ventá

 É un pequeno detalle e hai máis

 Saudos


 Felipe Gil Castiñeira escribiu:
 
 Ola a todos,

 En Mancomún acaban de publicar un glosario de termos tecnoĺóxicos 
 inglés-galego, baseados na tradución que fixeron do OpenOffice.org, 
 Firefox e Thunderbird. Sen dúbida moi interesante.

 Un saúdo.

 A ligazón: http://wiki.mancomun.org/index.php/Glosario


   
 
 

-- 
Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : smime.p7s
Tipo   : application/x-pkcs7-signature
Tamaño : 2299 bytes
Descrición: S/MIME Cryptographic Signature
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20070510/231c0069/attachment.bin
 


[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] [Tradutores-Ubuntu] Glosario en Mancomún

2007-05-10 Conversa Dani Muñiz
Ola:
Eu penso que cousas como istas son as que habería que consensuar (ou 
razoar o por que desta elección).
Saúdos


Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


Xabi García escribiu:
 Bueno, creo que o glosario do Cesga ter un traballo
 cientifico-lingüistico da investigación bastante potente
 
 Xa se viu, pero se ata o de agora se extendeu o uso de fiestra, por exemplo 
 en case todas as traducións de software libre (polo tanto, en porcentaxe 
 maioritario, en case todas as traducións de software ao galego), non sei que 
 tipo de investigación foi a que se efectou para chegar a conclusións a 
 contracorrente. Eu agardo que sexa un motivo lingüístico serio, e non unha 
 escolla arbitraria ou mesmo subxectiva do lingüista encargado. De escoller 
 arbitrariamente, habería que escoller a máis extendida, como se fai 
 habitualmente.
 
 



[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] [Tradutores-Ubuntu] Glosario en Mancomún

2007-05-10 Conversa Dani Muñiz
Ola:
Desde o meu punto de vista, macomun.org non está contar cos colectivos 
relacionados coa tradución. Vai por libre.
O que me gustaría é que se chegase a un acordo para facer un glosario 
común e consensuado ¿tan dificil é?.
¿Por que non unificar? polo menos no básico.
O que sería interesante saber é se os de mancomún, trasno, 
ciberirmandade... están dispostos as consensuar un glosario.
Saúdos




Xabi García escribiu:
 Bueno, creo que o glosario do Cesga ter un traballo
 cientifico-lingüistico da investigación bastante potente
 
 Xa se viu, pero se ata o de agora se extendeu o uso de fiestra, por exemplo 
 en case todas as traducións de software libre (polo tanto, en porcentaxe 
 maioritario, en case todas as traducións de software ao galego), non sei que 
 tipo de investigación foi a que se efectou para chegar a conclusións a 
 contracorrente. Eu agardo que sexa un motivo lingüístico serio, e non unha 
 escolla arbitraria ou mesmo subxectiva do lingüista encargado. De escoller 
 arbitrariamente, habería que escoller a máis extendida, como se fai 
 habitualmente.
 
 

-- 
Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html




[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] [Tradutores-Ubuntu] Glosario en Mancomún

2007-05-10 Conversa Dani Muñiz
Ola:
Como se soe dicir: Aquí cada tolo co seu tema
Non sería mellor consensuar os glosarios entre os grupos de tradutores??
Por certo o glosario de mancomún, estar estará nun wiki, pero non se 
pode editar.
Eu son partidario de que haxa un, senón pasará o de sempre, cada un 
traduce como lle da a gana (non quero dicir que non haxa unha marxe pero 
penso que sería bo que certos termos mais ou menos comúns fosen 
consensuados). :
Por exemplo aprecio no de trasno:

  window
  1. n.f. fiestra (recomendado)
  2. n.f. xanela
  3. n.f. ventá

e no de man común: optan por ventá

É un pequeno detalle e hai máis

Saudos


Felipe Gil Castiñeira escribiu:
 Ola a todos,
 
 En Mancomún acaban de publicar un glosario de termos tecnoĺóxicos 
 inglés-galego, baseados na tradución que fixeron do OpenOffice.org, 
 Firefox e Thunderbird. Sen dúbida moi interesante.
 
 Un saúdo.
 
 A ligazón: http://wiki.mancomun.org/index.php/Glosario
 
 

-- 
Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : smime.p7s
Tipo   : application/x-pkcs7-signature
Tamaño : 2299 bytes
Descrición: S/MIME Cryptographic Signature
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20070510/13910abd/attachment.bin