Temos que atopar unha maneira consistente para traducir esta expresión. 
No caso que nos ocupa, Firefox, temos varias opcións en xogo para o caso de

Low-grade encryption
Mediu-grade
High-grade

http://www.mozilla.org/projects/security/pki/psm/help_21/ssl_page_info_help.html

Pero a frase "low-grade" ou "low grade" aparece en contextos diferentes, 
non só relacionados coa seguridade, así que sería mellor no caso das 
localizacións intentar ter unha equivalencia que non dese problemas. O 
feito de levar ese "-" en moitos casos, tamén indica ata que punto se 
considera unha "frase fixa".

Non hai moito onde consultar isto para galego, así que propoño falar 
sobre as seguintes opcións

baixo nivel de cifrado
baixo grao de cifrado
cifrado inferior
seguridade baixa (baixa seguridade)

Agora mesmo a mellor opción parece "baixo grao" e secundariamente "inferior"


-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Avda. de Vigo, s/n 15706   Santiago de Compostela  
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org>

Responderlle a