Ola!

Queres axudarnos a probar o novo OpenOffice.org 3.2 no teu idioma? Entón
segue a ler:

Acaba de ser publicado un adianto da próxima versión de OpenOffice.org
que, grazas ao traballo comunitario, incorpora xa a súa tradución ao
noso idioma.

Trátase dunha versión de probas que nos permitirá verificar o seu
correcto funcionamento e resolver así calquera problema grave antes de
que se produza a publicación da súa versión oficial.

Dende a equipa de galeguización de OpenOffice.org queremos pedir a túa
colaboración para axudarnos nesta importante tarefa. O proceso é moi
sinxelo: consiste en instalar [1] o aplicativo (Linux ou Windows),
probalo (por exemplo entrando nos menús, consultando a axuda, premendo
os botóns, examinando os cadros de diálogo...) e avisarnos en
dev en gl.openoffice.org de calquera erro grave que puideras detectar.

Lembra que o prazo para a recepción de erros finaliza o próximo mércores
18 de novembro de 2009, polo que só temos esta semana para verificar o
seu funcionamento.

Grazas dende xa pola túa colaboración!
--

[1] Lembra que se trata dunha versión de probas e por tanto que debes
    extremar as precaucións, especialmente poñendo a salvo a túa
    configuración e os teus ficheiros e desinstalando as versións
    anteriores do aplicativo antes de instalar esta versión de probas.
    Podes descargar a versión de probas para Linux (DEB ou RPM) e tamén
    para Windows nas seguintes ligazóns:

        * Instalador para Windows:
        
http://ooo.services.openoffice.org/pub/OpenOffice.org/cws/upload/localization/localization37/installset/OOo_3.2.0_091106_Win32Intel_install_gl.exe

        * Instalador para Linux DEB (tipo Debian, Ubuntu e similares):
        
http://ooo.services.openoffice.org/pub/OpenOffice.org/cws/upload/localization/localization37/installset/OOo_3.2.0_091107_LinuxIntel_install_gl_deb.tar.gz

        * Instalador para Linux RPM (tipo RedHat, Mandriva e similares):
        
http://ooo.services.openoffice.org/pub/OpenOffice.org/cws/upload/localization/localization37/installset/OOo_3.2.0_091106_LinuxIntel_install_gl.tar.gz
-- 
---
     Saúde.
......................................................................
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
......................................................................

Responderlle a