[G11n] Pero non sen guerra pola nosa parte
Medulio (XACB) escribiu na data 09/10/09 00:09: > Que se pode contar cos nosos recursos é algo que xa timos discutido e > acordado en máis dunha ocasión. Seguramente haberá que contratar mais > máquina, inclusive pensarmos nun servidor dedicado, e sobre isto temos > decidido tirar para adiante, e recadar os cartos como fixemos sempre, > mediante subscripción popular. Esta parte penso que a timos resolta con > anterioridade por outras conversas. Esquecín xuntar a ligazón a un dos fíos das "outras conversas" ás que fago referencia, para quen quixer botarlles un ollo, pois son, como adoitan, públicas: http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=11&p=28085#p28079 Unha aperta. -- +---+ | José Antonio Cidre Bardelás | Vigo | CiberIrmandade da Fala | http://www.ciberirmandade.org +---+ : Fai tamén unha visita a: : http://www.arquitecturagalega.net : http://www.cidrebardelas.com (Sitio web profesional arquitecto) : http://www.jrsoftware.org/files/istrans/ (O inno-setup en galego) : http://www.poptray.org (O PopTray en galego) :...
[G11n] Pero non sen guerra pola nosa parte
Suso Baleato escribiu na data 07/10/09 19:26: > mais por ir ás cousas prácticas: eu estou tratando de resolver agora mesmo os > problemas loxísticos dos tres proxectos que coordeno (GNOME, OpenOffice e > Mozilla). Gustaríame saber se podería contar coas vosas máquinas para albergar > nelas servizos aínda que sexa de forma temporal. Tamén me gustaría saber se > habería xente disposta para asumir tarefas concretas do traballo de > localización. E sobre todo gustaríame saber se estaríades en disposición de > traballar conxuntamente tanto con Trasno como con Ubuntu ou se hai algún > "pique" ou incompatibilidade que impida ese traballo conxunto. Espero que > poidades desculpar a franqueza, pero é que non hai demasiado tempo para > sutilezas, me temo. Que se pode contar cos nosos recursos é algo que xa timos discutido e acordado en máis dunha ocasión. Seguramente haberá que contratar mais máquina, inclusive pensarmos nun servidor dedicado, e sobre isto temos decidido tirar para adiante, e recadar os cartos como fixemos sempre, mediante subscripción popular. Esta parte penso que a timos resolta con anterioridade por outras conversas. Dos piques... coido que ninguén pode falar aiquí de piques entre colectivos. A CiberIrmandade sempre deixou a porta aberta a calquer colectivo ou persoa que quixer facer uso dos seus recursos e ferramentas polo ben da nosa lingua e país. Pola nosa parte, non nos pasa pola cabeza nada negativo, tan só bogar, con remos distintos, mais na mesma dirección que os demais. Así que coido que non podemos falar máis dalgo que pola nosa parte non existe. Na CiberIrmandade si estamos dispostos a traballar conxuntamente con outros na medida das nosas posibilidades (técnicas e de tempo). Pero sumando o noso e o de moita outra xente, seguro que entre tod en s podemos (e debemos) facer algo. Canto ao de asumir tarefas, pola CIF fomos tirando para adiante na medida da nosa humilde aportación. Tivemos e timos ciclos de diferente grao de actividade, en función da xente que quería ou podía colaborar. Nas traduciós centrámonos na aportación de xente non experta en informática que ía traducindo aos poucos. Supoño que pase o que pase e onde pase, poderemos sumar esforzos de distinto nivel: a ciberirmandade pode aportar xente, organización, publicidade, eco nos medios, traduciós non profesionais, experiencia no activismo lingüístico, mentres outr en s poden aportar coñecemento mais técnico e de ámbito linguista. É cousa de sumar, tod en s xunt en s. Unha aperta. -- +---+ | José Antonio Cidre Bardelás | Vigo | CiberIrmandade da Fala | http://www.ciberirmandade.org +---+ : Fai tamén unha visita a: : http://www.arquitecturagalega.net : http://www.cidrebardelas.com (Sitio web profesional arquitecto) : http://www.jrsoftware.org/files/istrans/ (O inno-setup en galego) : http://www.poptray.org (O PopTray en galego) :...
[G11n] Pero non sen guerra pola nosa parte
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE- Hash: SHA1 Ola a tod en s, este posicionamento como dixo Miguel, era algo moi previsto de antes e que se levan facendo cousas dende ben atrás. Por parte do GLUG tuvemos varias iniciativas entre as que foron levar a cabo http://www.glug.es/content/carta-aberta-do-glug-á-xunta-da-galiza-2009 xestionada, enviada e difundida na nosa páxina web. Hai moitas formas de batalla señores. Saúdos Minhoca escribiu: > Permitome utilizar como titulo do correo, parte dunha mensaxe enviada > por Leandro: "pero non sen guerra pola nosa parte". > > Tomo ese titulo para comezar mostrando o meu asombro porque a estas > alturas se fale de algo que xa pasou, que xa foi antes do verán, non agora. > > Ao longo do mes de xullo houbo unha serie de mensaxes nesta mesma rolda > por parte de medulio e mais eu chamando á mobilización, e dende a > ciberirmandade tomamos a iniciativa de dar batalla. Consecuencia dese > movemento houbo reaccións en chuza, meneame, A Nosa Terra, Codigo Cero, > CIG, Galicia Confidencial, Xornal.com, BNG, .. So me consta que Melisa e > Agnix reaccionaron publicando unha nova no seu web a este respecto, ao > tempo que na rolda dos Guls houbo debate sobre o envio dun correo > certificado á Xunta. > > A falta de reacción no mundo da traducción desconcertounos a moitos, e á > volta do verán, abrimos un debate na ciberirmandade. A proposta aceptada > foi a de ofrecer recursos á comunidade para que o traballo que se viña > facendo no paraugas de mancomún, puidese seguir dende fora dos pezuños > da administración. > > Quero deixar aquí, xa que logo, constancia da continuidade da > CiberIrmandade no traballo con vistas a un proxecto de futuro serio e > independente que manteña o concepto de Mancomún. > > Independentemente de como vaian as cousas, quede claro que pola miña > parte non vai haber problemas, e por parte da ciberirmandade penso que > tampouco (manteremos o ofrecemento do uso das nosas ferramentas a quen > as queira utilizar). > > Como remate, indicar que os debates na ciberirmandade, do mesmo xeito > que vimos facendo nos nosos 13 anos de presenza na Rede (o que nos fai a > organización vencellada á lingua máis antiga na mesma), seguen sendo > públicos; achego ligazóns a algúns debates sobre isto nos nosos foros: > http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=11&t=3505 > http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=5&t=3451 > http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=5&t=3450 > http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=18&t=3449 > http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_obxetivos&task=acadados&Itemid=15 > > > - -- Fran Diéguez http://www.mabishu.com - listas en mabishu.com GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 -BEGIN PGP SIGNATURE- Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux) Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org iEYEARECAAYFAkrM81EACgkQmLtmJqKk+biR2gCeM4k5jUaZSccc8u2a64Q2GOvZ UJgAnR9Y2b08ybe4k61O3qEFsQUxAzIx =y2nj -END PGP SIGNATURE-
[G11n] Pero non sen guerra pola nosa parte
Minhoca escrebeu: > Permitome utilizar como titulo do correo, parte dunha mensaxe enviada > por Leandro: "pero non sen guerra pola nosa parte". > > Tomo ese titulo para comezar mostrando o meu asombro porque a estas > alturas se fale de algo que xa pasou, que xa foi antes do verán, non agora. > > Ao longo do mes de xullo houbo unha serie de mensaxes nesta mesma rolda > por parte de medulio e mais eu chamando á mobilización, e dende a > ciberirmandade tomamos a iniciativa de dar batalla. Consecuencia dese > movemento houbo reaccións en chuza, meneame, A Nosa Terra, Codigo Cero, > CIG, Galicia Confidencial, Xornal.com, BNG, .. So me consta que Melisa e > Agnix reaccionaron publicando unha nova no seu web a este respecto, ao > tempo que na rolda dos Guls houbo debate sobre o envio dun correo > certificado á Xunta. > A min pásame o mesmo, realmente estou bastante desconcertado con ese comportamento. O malo de entrar a analizalo é que sería inevitable analizar a actitude ética de moitas personas, e córrese o risco de personalizar, crear conflictos e iso pode enquistar a comunidade. Se cadra máis adiante, coas cousas en frío, igual podemos revisar o sucedido e intentar aprender dos erros do pasado para evitalos no futuro. > A falta de reacción no mundo da traducción desconcertounos a moitos, e á > volta do verán, abrimos un debate na ciberirmandade. A proposta aceptada > foi a de ofrecer recursos á comunidade para que o traballo que se viña > facendo no paraugas de mancomún, puidese seguir dende fora dos pezuños > da administración. > > Quero deixar aquí, xa que logo, constancia da continuidade da > CiberIrmandade no traballo con vistas a un proxecto de futuro serio e > independente que manteña o concepto de Mancomún. > Está claro que a dependencia excesiva de institucións, tanto ten si son gobernos, universidades ou calquera outra, é contraproducente. Foi algo ao que chegamos nos consensos do g11n e eu esforceime por tratar de evitala, aínda que se cadra ao final haxa que concluír que toda dependencia é excesiva. Será algo que poderemos ver máis claro con algo de distancia; mais por ir ás cousas prácticas: eu estou tratando de resolver agora mesmo os problemas loxísticos dos tres proxectos que coordeno (GNOME, OpenOffice e Mozilla). Gustaríame saber se podería contar coas vosas máquinas para albergar nelas servizos aínda que sexa de forma temporal. Tamén me gustaría saber se habería xente disposta para asumir tarefas concretas do traballo de localización. E sobre todo gustaríame saber se estaríades en disposición de traballar conxuntamente tanto con Trasno como con Ubuntu ou se hai algún "pique" ou incompatibilidade que impida ese traballo conxunto. Espero que poidades desculpar a franqueza, pero é que non hai demasiado tempo para sutilezas, me temo. > Independentemente de como vaian as cousas, quede claro que pola miña > parte non vai haber problemas, e por parte da ciberirmandade penso que > tampouco (manteremos o ofrecemento do uso das nosas ferramentas a quen > as queira utilizar). > > Como remate, indicar que os debates na ciberirmandade, do mesmo xeito > que vimos facendo nos nosos 13 anos de presenza na Rede (o que nos fai a > organización vencellada á lingua máis antiga na mesma), seguen sendo > públicos; achego ligazóns a algúns debates sobre isto nos nosos foros: > http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=11&t=3505 > http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=5&t=3451 > http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=5&t=3450 > http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=18&t=3449 > http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_obxetivos&task=acadados&Itemid=15 > > Bueno, eu a verdade é que nunca participei directamente na Ciberirmandade, e iso que vos levo observando dende que nacistes, igual que a Trasno. Este aspecto do proceso deliberativo e participativo que tedes é un dos aspectos máis fortes da vosa organización; outros gústanme menos como o tema de que usedes os foros, pero supoño que eso son manías de ser da vella garda. En todo caso grazas por terdes estado ahí todos estes anos e sobre todo pola campaña que lanzastes para defender a Mancomún. Dende logo saber que podemos contar convosco para min é claramente unha garantía de continuidade. Unha aperta, e agardo pola vosa resposta. > > -- > --- > Saúde. > .. > Alexandre Prieto. Vigo-Galiza. > > CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora > http://www.ciberirmandade.org > > A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede > .. > > > > ___ > G11n mailing list > G11n en mancomun.org > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n -- http://susinho.pagina.de/
[G11n] Pero non sen guerra pola nosa parte
>> A falta de reacción no mundo da traducción desconcertounos a moitos, e á >> volta do verán, abrimos un debate na ciberirmandade. > > Hai *moito* tempo q os tradutores somos conscientes de que isto podía pasar e > *non* nos colle desprevidos -- a reacción dos tradutores é asociarnos, e niso > estamos Eu polo menos xa o avisei cando fora o primeiro G11n e xa choveu. Exacto, constituíndo asociación máis ou menos agora. Ata logo, Leandro Regueiro
[G11n] Pero non sen guerra pola nosa parte
> A falta de reacción no mundo da traducción desconcertounos a moitos, e á > volta do verán, abrimos un debate na ciberirmandade. Hai *moito* tempo q os tradutores somos conscientes de que isto podía pasar e *non* nos colle desprevidos -- a reacción dos tradutores é asociarnos, e niso estamos
[G11n] Pero non sen guerra pola nosa parte
Permitome utilizar como titulo do correo, parte dunha mensaxe enviada por Leandro: "pero non sen guerra pola nosa parte". Tomo ese titulo para comezar mostrando o meu asombro porque a estas alturas se fale de algo que xa pasou, que xa foi antes do verán, non agora. Ao longo do mes de xullo houbo unha serie de mensaxes nesta mesma rolda por parte de medulio e mais eu chamando á mobilización, e dende a ciberirmandade tomamos a iniciativa de dar batalla. Consecuencia dese movemento houbo reaccións en chuza, meneame, A Nosa Terra, Codigo Cero, CIG, Galicia Confidencial, Xornal.com, BNG, .. So me consta que Melisa e Agnix reaccionaron publicando unha nova no seu web a este respecto, ao tempo que na rolda dos Guls houbo debate sobre o envio dun correo certificado á Xunta. A falta de reacción no mundo da traducción desconcertounos a moitos, e á volta do verán, abrimos un debate na ciberirmandade. A proposta aceptada foi a de ofrecer recursos á comunidade para que o traballo que se viña facendo no paraugas de mancomún, puidese seguir dende fora dos pezuños da administración. Quero deixar aquí, xa que logo, constancia da continuidade da CiberIrmandade no traballo con vistas a un proxecto de futuro serio e independente que manteña o concepto de Mancomún. Independentemente de como vaian as cousas, quede claro que pola miña parte non vai haber problemas, e por parte da ciberirmandade penso que tampouco (manteremos o ofrecemento do uso das nosas ferramentas a quen as queira utilizar). Como remate, indicar que os debates na ciberirmandade, do mesmo xeito que vimos facendo nos nosos 13 anos de presenza na Rede (o que nos fai a organización vencellada á lingua máis antiga na mesma), seguen sendo públicos; achego ligazóns a algúns debates sobre isto nos nosos foros: http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=11&t=3505 http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=5&t=3451 http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=5&t=3450 http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=18&t=3449 http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_obxetivos&task=acadados&Itemid=15 -- --- Saúde. .. Alexandre Prieto. Vigo-Galiza. CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora http://www.ciberirmandade.org A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede ..