[G11n] Proposta de organización da comunidade de tradución

2009-10-30 Conversa Antón Méixome
Moitas grazas Enrique,

Agradézoche a túa proposta, que é moi completa e toca todos os puntos 
necesarios. Animo a comentala por parte de todos.

Enrique Estevez escribiu:
 Boas.

 Falando, discutindo e dándolle voltas ao asunto, creo que se podería artellar 
 unha solución basada en consenso e na que cada grupo dos que existen hoxe 
 tome un rol e a partir de ahí crear grupos que coordenen proxectos e darlle 
 unha utilidade tanto a infraestrucutra que está montando na CIF, como as 
 xestións de Trasno e a futuras. E o máis importante, definir o papel dos 
 encontros chamados g11n.

 Eu creo que se debería artellar o tema da tradución en grupos de 
 coordinación. Cada grupo coordinaría un proxecto concreto e os seus membros 
 non deberían estar noutro grupo, salvo colaboracións puntuais para completar 
 o traballo nunha inminente release.

 Falo de artellar algo basado en niveis. Por un lado os expertos en tradución 
 que se encargarían dos proxectos máis relevantes e grandes (pola súa 
 importancia e visibilidade premia a calidade da tradución e que non se perdan 
 release, conseguir o 100% da tradución). Por outro lado, un nivel intermedio 
 de xente que comeza a levar proxectos en solitario, vexase en local ou en 
 liña, pero non moi grandes ou que non forman parte da base do escritorio que 
 emprega o 100% da xente. E por último, un nivel para os principantes, que 
 traducirían en liña, e para a xente que traduce esporadicamente.

 A xente ascende por méritos e vaise gañando a confianza dos que están no 
 nivel superior. Podemos intentar artellar algo como fan cos debian developer 
 ou os MOTU. Isto permite aforrar tempo e esforzos no tema da revisión das 
 traducións e gañase autocoordinación en todos os aspectos que implican a 
 tradución. Pódense ata facer avaliacións periódicas que servan para subir dun 
 nivel a outro. Dar formación a xente que realmente quere ascender e colaborar 
 coa localización.

 A xente que está no primeiro nivel son a vanguardia. Eles van a ser os 
 encargados e estar nos grupos de coordenacón e sacar adiante os proxectos 
 máis críticos.

 Como se reparten os proxectos grandes: GNOME, KDE, OpenOffice, Mozilla 
 Firefox (e derivados), Ubuntu, OpenSuse, OpenSolaris, ... e outros.

 A xente de forma voluntaria organizar grupos, cun coordinador, cunha segunda 
 persoa de confianza na que poder delegar para que se unha non pode, poida a 
 outra, e cun equipo fixo de tradutores a morte co proxecto. Cada grupo 
 presenta o seu equipo, o proxecto que quere levar, como van a funcionar, como 
 van a documentar todo e ata unha data que se comprometen a traballar unidos.

 Quen reparte os proxectos?

 Todos nunha reunión nun encontro do g11n. Aclaranse puntos, datas de traballo 
 e un calendario de entregas que se ten que firmar e pactar coa xente. 
 Chegados a esas datas hai que avaliar o seu traballo e pedir un informe sobre 
 o mesmo. Se eles queren seguir con ese proxecto, terán que traer outra 
 solicitude igual ca primeira na que dirán como van a facer e outra data de 
 compromiso. Se todos os presentes cremos que cumpriron co traballo e que 
 merecen seguir coa coordenación, pois voltase a firmar o novo acordo.

 A xente que está no primeiro nivel, os expertos, non deberían perder o tempo 
 cos novatos, so en momentos puntuais ou se eles queren participar nas súas 
 listas. Deberían ter a súa propia lista, cada nivel de tradutores, e os de 
 arriba si que poden botar unha man aos que saben menos, pero estes non 
 deberían poder participar nelas. Si que poderían lelas, pero non entorpecer.

 A xente se quere subir de nivel e ten capacidades pode. Se un non quere e 
 quere seguir axudando e colaborando cos novatos, pode quedarse ahí.

 O encontros g11n deberían ser para coordinar e definir os grupos que 
 coordinan o traballo e para chegar a consensos no canto de terminoloxía, 
 glosarios, invertir esforzos en deseñar esta ferramenta, etc, ...

 Habería que buscar algo deste tipo. Comezas polo escalafón máis baixo e se 
 queres e tes capacidades podes chegar a participar na tradución dos proxectos 
 grandes, ata coordinalos. Daselle a oportunidade de aprender a xente e de que 
 se lle recompense o traballo. Respetase a xente que leva máis tempo 
 traducindo e que a maiores pode ser un guía ou mentor para os novatos (aquel 
 que queira, xa que hai moitos que pasan desto).

 Pensemos como funciona debian, o kernel linux, ..., habería que buscar algo 
 así. O que está arriba e por méritos e un pode chegar alí se se gaña a 
 confianza do voluntariado. Eu creo que hai proxectos dabondo para todos os 
 expertos que hai hoxe en día ou que se poden considerar así pola experiencia 
 que teñen e que se coordinarmos esto, poderíase opter unidade e captar máis 
 xente para a tradución. Hai que definir bases, olvidarse dos personalismos e 
 falar de grupos: o grupo de gnome, o de KDE, o de ubuntu, ..., e non de quen 
 o coordina, porque hoxe debería estar un e mañá outro. Non se pode 

[G11n] Proposta de organización da comunidade de tradución

2009-10-30 Conversa xabier
Moi boa e intelixente proposta Keko.
A tomar nota.

Saúdos.

 o coordina, porque hoxe debería estar un e mañá outro. Non se pode meter un 
 ahí e sempre estar o mesmo. Ten que rotar entre os membros do grupo ou