Ola,

dende GHANDALF, queremos anunciarvos o proxecto poss-gl, que consiste na
tradución ó galego do libro "Producing Open Source Software", de Karl
Fogel - http://producingoss.ghandalf.org

A importancia deste libro radica en que foi un dos pioneiros en tratar
de explicar cómo xestionar un proxecto de software libre, a partir das
experiencias do autor como un dos líderes do proxecto Subversion e a súa
participación noutros proxectos.

Logo dunhas semanas de traballo poñendo todo a punto, cremos que xa
temos listas as ferramentas así como un pequeno equipo de traballo.
Porén, se queremos telo listo antes de que remate 2009 toda axuda nos
será útil.

Específicamente, viríanos ben persoas dispostas a:
 - traducir ou revisar algún capítulo
 - ou botarnos unha man con tarefas de deseño web
 - ou coa automatización e integración das aportación dos traductores

Certamente temos algunhas ideas para mellorar o que xa temos, o que non
hai é tempo abondo para facelas todas  :)

Se alguén se anima a participar con algunha desas tarefas pode poñerse
en contacto comigo ou apuntarse na rolda de correo do proxecto.

Saúdos,
Pablo

-- 
Pablo Sanxiao
http://psanxiao.blogspot.com
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : non dispoñible
Tipo       : application/pgp-signature
Tamaño     : 197 bytes
Descrición: This is a digitally signed message part
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091130/c71b0dae/attachment.pgp
 

Responderlle a