Grazas Javi, veño de engadir o texto da túa parte.

Saúdos,,

Frco. Javier Rial escrebeu:
> Hoxe sae oficialmente o seamonkey 2 e estará dispoñíbel en galego.
> 
> Aínda non se anunciou pero xa se poden atopar os ficheiros para descarga
> desde os ftp de mozilla:
> ftp://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/seamonkey/releases/2.0/
> 
> Ademais, na rolda de google groups de mozilla animan a traducir un texto e
> envialo para darlle difusión:
> http://groups.google.com/group/mozilla.dev.l10n/browse_thread/thread/c1a92abc73e135b9#
> 
> Traducín o texto e vai adxunto neste correo.
> Tamén o reenviarei a Mancomún para ver de darlle máis difusión.
> 
> Saúdos.
> Javier Rial

> O proxecto SeaMonkey de Mozilla anuncia hoxe a publicación da súa nova 
> xeración, completamente remodelada, da suite todo-en-un de Internet: 
> SeaMonkey 2.0, xa está dispoñíbel para descarga gratuíta, e xunta as 
> ideas detrás de Netscape Communicator coa moderna plataforma de Firefox 3.5 
> para crear un dos produtos de código aberto máis apetecíbeis para os 
> usuarios avanzados de Internet.
> 
> A combinación dun navegador de Internet, un cliente de correo e grupos de 
> novas, un editor HTML, un cliente de IRC e ferramentas de desenvolvementos 
> web, que xa ten estabelecido unha ampla base de usuarios nas súas anteriores 
> edicións, foi reconstruída sobre a moderna plataforma Mozilla, 
> incorporando, entre outras cousas, unha xestión de complementos de primeira 
> orde. Ademais, mellorouse coa lectura de canles (incluíndo un lector de 
> canles RSS e Atom no compoñente de correo), unha imaxe moderna, a 
> recuperación de separadores e xanelas do navegador despois dun peche 
> inesperado ou reinicio, correo con separadores, actualizacións automáticas, 
> buscas intelixentes no historial desde a barra de enderezos, un motor de 
> JavaScript máis rápido, características de HTML5 (como por exemplo, vídeo 
> e tipografías descargábeis) e incluso a posibilidade de instalar o 
> complemento de calendario Lightning (o cal publicará unha beta para a súa 
> instalación en SeaMonkey 2.0 nas próximas semanas).
> 
> As notas da versión inclúen unha lista máis detallada das melloras e 
> problemas coñecidos desta nova versión, así como os requirimentos e 
> instrucións de instalación. ¡Descubre máis información sobre SeaMonkey 
> 2.0 e o proxecto SeaMonkey en seamonkey-project.org!.

> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician


-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a