Boas, Xunto atoparedes descrición do proceso de localización en Mozilla que fun elaborando como parte do traballo de desbloqueo da situación que impedÃa a incorporación oficial do galego. Por certo que grazas de novo por apoiardes a movilización que houbo naquel momento, sen iso non terÃa sido posibel.
Está actualizado para a rama 1.9.1. SerÃa preciso descreber o proceso de xeración de memórias de tradución do que se viña encargando Antón se non me equivoco, e tamén complementar os temas pendentes. Ãnicamente fazer notar que non basta con seguir o proceso; no caso de Mozilla hai unha forte (e particular) cultura comunitaria na que é preciso integrarse. AÃnda que ao principio fixen as miñas crÃticas, debido a que esa cultura comunitaria supoñÃa unha barreira para a incorporación oficial do galego, o certo é que ahà levan máis de dez anos fornecendo un producto de calidade, multiplataforma e con cada vez máis éxito. Por tanto, a quen queira incorporarse ao proxecto de Mozilla, penso que esto é algo que debe saber antes de nada; algo que é diferente, pero que debe ser respeitado e do que temos moito que aprender. Saúdos, -- http://susinho.pagina.de/ -------------- pr�a parte ---------- PENDENTES --------- - Instrucións para CVS - Definir proceso que permita manter o TMX actualizado. - Descreber instalación de compare-locales FLUXO L10N ---------- 0. Comprobar integridade da localización 1. Clonar/ Actualizar repositorio local 2. Traducir/ Comprobar integridade 3. Actualizar repositorio central CLONAR/ ACTUALIZAR REPOSITORIO LOCAL ------------------------------------ à preciso configurar o SCV en función da release coa que vaiamos traballar. Actualmente hai catro releases de Mozilla: mozilla-1.9.1 -> para fx31x, tb30x, sunbird10x e sea20x central -> para fx32x, fennec mozilla1.9.0 -> para fx30x (inactiva) mozilla1.8.0 -> para fx20x (inactiva) Para traballar coas releases activas, é preciso empregar HG, configurando o ficheiro ~/.hgrc como sigue: BOF [ui] username = Suso Baleato <suso.baleato en xunta.es> [paths] default = http://hg.mozilla.org/releases/l10n-mozilla-1.9.1/gl/ default-push = ssh://hg.mozilla.org/releases/l10n-mozilla-1.9.1/gl/ central = ssh://hg.mozilla.org/l10n-central/gl/ [diff] git = 1 [defaults] diff=-p -U 8 EOF Debemos traballar alomenos coas árbores l10n (de localización) en-US (orixinal) e gl (tradución ao galego), ademais da traducións que tomemos como referencia (pt-BR para transliteración). En caso de que non teñamos ningunha copia previa, será preciso clonar a última versión das existentes dende o repositorio central (esto faise só a primeira vez): - Clonar repositorio da release (que contén a árbore l10n orixinal en-US): hg clone http://hg.mozilla.org/comm-central/ cd comm-central python client.py checkout - Clonar repositorio dunha árbore l10n traducida. Para o caso gl: hg clone http://hg.mozilla.org/comm-central/gl/ * No caso de que non exista árbore l10n da aplicación correspondente, unha estratexia moi efectiva é descargar pt-BR e transliterar comparando con en-US. * No caso de que haxa mais dunha release para un mesmo aplicativo, a árbore l10n de cada release debe manterse por separado, baixo o nome da release. Neste caso hai dúas releases para Firefox, e por tanto deberá haber dous directorios de traballo distintos nomeados igual que a release. Unha vez teñamos clonadas as árbores de localización correspondentes, xa será posibel iniciar o traballo de traducción. Antes de iniciar cada sesión de tradución será preciso actualizar os repositorios locais. Para esto será preciso executar dende cada un dos directorios que conteña a árbore de localización correspondente: hg pull -u hg update TRADUCIR -------- O proceso de traducción consiste en editar (modificar, engadir ou borrar) os ficheiros indicados pola comprobación de integridade. COMPROBAR INTEGRIDADE --------------------- Existen dous métodos para a comprobación da integridade da árbore l10n traducida: - En local. Dende o repositorio local da release correspondente (o que contén a árbore l10n en-US) executar: compare-locales <modulo>/locales/l10n.ini . ../../gl/<release>/ onde <modulo> é: para Firefox -> mozilla/browser para Thunderbird -> mail para Sunbird -> calendar para Seamonkey -> suite onde <release> é: para fx31x, tb30x, sunbird10x e sea20x) -> mozilla-1.9.1 para fx32x, fennec -> central - En remoto. Este ten a vantaxe de que amosa visualmente cunha soa operación o o estado da localización de todas as aplicacións, e que o compare-locales se se executa no proprio servidor sobre o repositorio máis actualizado. Mais ten a desavantaxe de que a comprobación de integridade non sempre se visualiza inmediatamente despois de actualizar o repositorio central, polo que só se recomenda o seu uso para monitorizar o estado xeral da localización dos aplicativos no seu conxunto. Cargar http://l10n.mozilla.org/dashboard/ Localizar 'gl' na columna "Locale" As filas coa cela da coluna "Tree" vermella identifican as localizacións incompletas. Para un aplicativo dado, na súa fila: Premer en "C" na coluna "Stats". Na xanela que se abre: Premer no Buider <nº> correspondente. Na xanela que se abre: Premer no "stdio" do moz_comparelocales que fallara ("failed") Amosará a saÃda dun compare-locales executado no servidor identificando os ficheiros que é preciso editar. ACTUALIZAR REPOSITORIO CENTRAL ------------------------------ Dende a árbore l10n da <release> correspondente: hg commit -m "comentario en inglés" hg push (para fx31x, tb30x, sunbird10x e sea20x) ou hg push central (para fx32x) DOCS ---- Estado da localización http://l10n.mozilla.org/dashboard/ Instrucións repositorios http://groups.google.com/group/mozilla.dev.l10n/browse_frm/thread/a49e49518480c022?pli=1 Changelog de actualizacións http://hg.mozilla.org/releases/l10n-<release>/gl (Excepción: Para a release central -fx32x, fennec- eiquà <release> é "../central") Binarios ftp://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/<modulo>/nightly/latest-<release>-l10n/ (Excepción: Para a release central -fx32x e fennec- eiquà <release> é "mozilla-central") Instalación de compare-locales -- CC BY-NC suso.baleato em gmail.com