Frco. Javier Rial escrebeu: > Ola: > > Persoalmente, como tradutor voluntario que son, preocúpame moito a falta de > información que estamos tendo sobre o estado dos produtos de Mozilla. >
Bueno, este correo é un bon exemplo de por qué debemos limitar ás roldas dos proxectos as mensaxes relacionadas con eles. Non só causou un alarmismo inxustificado polo que estiven vendo nas roldas por parte de xente que confunde as cousas de cabo a rabo; e por se eso fora pouco o correo perdeuse entre o spam por culpa dos múltiples destinatarios, co cal foi ao lixo e até agora non puiden velo. Asà que por favor: manteñamos os correos dos proxectos dentro de cada proxecto... non hai razón para andar sementando confusión entre a xente. Por outra parte, quen estea interesado en participar na tradución de mozilla, o que debe fazer é apuntarse nesta rolda. Penso que non digo nada do outro mundo, pero supoño que debo insistir. > -Primeiro de todo, non hai directrices de como continuar co traballo, unha > vez este traballo xa está fora de Mancomún. > -Non temos prioridades sobre que traducir, nin como repartir o traballo, nin > que cuestións de coherencia haberÃa que revisar. Dá a sensación de que me estás reprochando que eu non estabelecera directivas ou prioridades de traballo. A única directiva que eu estou disposto a establecer é que as directrices defÃnimolas entre todos. Eu xa comuniquei o que atinxe á miña parte de responsabilidade: estou a traballar na normalización da situación derivada do desmantelamento de Mancomún esclarecendo as canles de comunicación e determinando recursos para poder definir prioridades entre todos. Xa vos pedÃn axuda: mantendo as comunicacións do proxecto dentro da rolda. No que se refire ao traballo de tradución penso que sodes os tradutores os que debedes definilo; e se tendes algunha dúbida, só tendes que perguntar, a rolda está para iso. Se o que queres é a miña opinión, entón é moito máis efectivo que ma pidas directamente; esto de andar espameando as roldas aos catro ventos xa ves que só está provocando problemas e desconfianzas entre a xente. En todo caso, se é iso o que precisas doucha: na miña opinión as prioridades están claras e por esta orde serÃan: - bugs, especialmente se afectan a unha release que consideremos importante - cadeas pendentes, ilas traducindo para que non se nos acumule o traballo - temas de marketing, como webs de productos, de comunidades e demais - todo o demais Mais esto é só a miña forma de ver as cousas e non é unha proposta formalizada; para eso terÃamos que falar todos pois na miña opinión as prioridades, directivas e demais, debemos establecelas entre todos, e non de forma unilateral pola miña parte. > -Algún produto xa ten rematada a tradución pero polo de agora non se fixo o > OPT-IN para a versión final. > > http://groups.google.com/group/mozilla.dev.l10n/browse_thread/thread/13b7b1730206d8ef/7482a38731496bab?lnk=raot#7482a38731496bab A ver... creo que xa dixen que falei con Sipaq, que non hai problema co tema do opt-in, e que teño que fazer a validación, intentando automatizala, para poder continuar co proceso. Mais cmo vexo que insistes moito en esto, pregúntoche: hai algunha razón para que teñamos que fazelo xa? Eu non teño problema en adiantar o opt-in se hai algunha razón para facelo. Pero temos que tratar de facer as cousas cun mÃnimo de orden, estou seguro de que nesto estás dacordo comigo. > -Noutros produtos están aumentando a cantidade de cadeas que hai que > traducir e non sabemos como comezar o traballo, si repartÃrnolo ou que. > http://l10n.mozilla.org/dashboard/?locale=gl > -Hai varios bugs abertos sobre o noso idioma en Mozilla os cales non teñen > resposta: > http://l10n.mozilla.org/webdashboard/?locale=gl > https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=521992 > Son perfectamente consciente de que temos traballo que facer, pero eu non me vou poñer cun látigo a dar ordes. Estás sinalando traballo que últimamente viñas facendo tÃ, ninguén presentou obxecións a que o sigas fazendo tà e eu non teño por costume interferir no traballo de tradución. Non entendo moi ben qué problema che impide continuar a facer o que viñas facendo antes. Se podes ser máis explÃcito coa descripción do problema, eu farei o posibel por axudarte para que poidas continuar con él. > Falando con meixome, coméntame que el tamén se pode facer cargo do ficheiro > main.lang ao que lle faltan esas 7 cadeas por incluÃr. > Ahá, estupendo. Hai algún problema para que o faga asÃ? Eu desde logo non teño ningún. Por min adiante, se é que precisades o meu visto bó. > -Non se tomou unha decisión sobre si traducimos a extensión Weave de Mozilla > que nun futuro irá integrada no Firefox: o meu voto persoal é que si. > Bueno, tampouco hai que preocuparse, eso é algo frecuente. Ãs veces algo que para nós é moi importante para o resto non o é, facemos as propostas pero ninguén nos fai caso. O máis útil neses casos é aplicar o silencio consensual; se ninguén plantexa obxecións á túa proposta, simplemente tira para adiante. Especialmente se é algo que che apetece facer. > Outra cuestión menos importante, é que considero que haberÃa que actualizar > un pouquiño a páxina principal disto: > http://galician.mozdev.org > > Podo ofrecerme, para facer estes cambios na páxina web, se estades de > acordo. > Eu non vexo inconveniente. Na miña opinión deberÃamos priorizar o tema bugs e o tema cadeas pendentes, pero non sei o que opinades o resto. Se che apetece poñerte con eso, por min non hai problema. Eu priorizarÃa os bugs e as cadeas pendentes. > Suso, podes darnos un pouco de luz sobre estes aspectos? > Me parece a min que eu o único que podo aportar é tranquilidade... a ver, a situación é complicada, todo está cambiando moi rápido e os cambios sempre son difÃciles. Compre que cada quen procure xestionar os seus proprios medos de modo que afecten o menos posibel ao resto. Comigo podedes contar, mais compre evitar entrar na dinámica de andar a tirarnos os trastos a cabeza. Unha aperta, > Javi Rial. > _______________________________________________ > Galician mailing list > Galician en mozdev.org > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician -- http://susinho.pagina.de/