Ola David.

Xa nos pecharon o bug, co que por agora tiraremos coa outra tradución.
Era un bug moi urxente e cumpría ser rápidos coa solución.

Canto teña permisos para acceder ao svn, xa solucionaremos e
melloraremos as traducións da páxinas web que vexamos que se poidan
mellorar.

Grazas pola axuda a todos.

Saúdos.

PD: estou tratando de que nos creen a nova rc 2 de thunderbird 3.1 en
galego para poder probala.

2010/6/7 David Marcos Ramas <davidmarcosramas en gmail.com>:
> Eu teňo dúbidas dobre a última cadea:
>
> Mantéñase/Manteno seguro/a salvo mentres navega.
>
> Penso que se cadra "Mantéñase" é máis claro que "Manteno" e prefiro 
> "seguro"
> en lugar de "a salvo",
>
> (Non sei cal é máis correcto, en calquera caso, se a frase fose, "O novo
> Firefox manteno seguro mentres navega"... )
>
>
> 2010/6/4 marcoslans <marcoslansgarza en gmail.com>
>>
>> En 04/06/10 16:59, Enrique Estévez Fernández escribiu:
>>>
>>> Boas.
>>>
>>> Bug urxente en Mozilla para traducir a seguinte páxina de Firefox que
>>> avisará aos usuarios de Firefox de que actualicen xa. Son catro
>>> cadeas, pero quere que a comunidade se involucre xa aínda que non teño
>>> contas para facer moito en Mozilla, daremos exemplo de que traballamos
>>> rápido e gañaremos puntos para obter as contas de acceso.
>>>
>>> Hai que traducir cinco cadeas de na. Podedes ver a páxina en:
>>>
>>> http://www-trunk.stage.mozilla.com/en-GB/firefox/3.6/details/index.html
>>>
>>> As cadeas a traducir serían estas:
>>>
>>> Get the Newest Firefox
>>>
>>> Quick, easy and free update!
>>>
>>> Works with all your add-ons
>>>
>>> Faster and more stable browsing
>>>
>>> Keeps you safer as you browse
>>>
>>>
>>> Urxe, a ver se o soluciono ao longo da tarde. Se non podedes
>>> colaborar, traducireinas eu.
>>>
>>> Un saúdo.
>>> _______________________________________________
>>> Galician mailing list
>>> Galician en mozdev.org
>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>
>>
>> Obteña o Firefox máis novo
>> Actualización rápida, doada e de balde
>> Funcionará con todos os seus complementos
>> Mantéñase seguro mentres navega
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>

Responderlle a