2010/10/6 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>:
> Boas.
>
> Moitas grazas pola nova. Non facía falta que dixeras que coordinaba
> eu, o que nos fai falta e ter os produtos en galego.on
>
> Teño un par de cousas que contestar de correos anteriores.
>
> VirtualBox lévoo eu personalmente, porque foi dos primeiros proxectos
> que tradución, igual que o OmegaT. Gústanme bastante e creo que podo
> atendelos. O OmegaT ten traducido o 100% da interface, o paquete
> minimal e agora hai outra persoa que se vai encargar da documentación.
> Con respecto ao VirtualBox, estouno facendo eu, entre a Oficina de
> Software Libre é o meu tempo e tivo unha moi boa colaboración de Antón
> Méixome e Fran Diéguez. Teño pendente 200 cadeas e que espero rematar
> para a próxima versión. E xa teño reportados uns cantos bugs que a
> xente atopou e solucionados, pendentes de enviar coa nova tradución.
> Non sei se pode traducir outra xente, imaxinome que sí, pero teríamos
> que coordinarnos. O traballo que fixen en VirtualBox é co qt-linguist
> co que non se reaproveita nada para outras ferramentas de tradución e
> ademáis traballa con ficheiros .ts.

Agradécese moito o teu traballo.

Investigaches a posibilidade de traducir usando o Pootle ou Virtaal,
que en teoría son capaces de traballar con ese formato? (creo que polo
menos eu fun capaz de usar o Virtaal unha vez para abrir un ficheiro
desta caste). E tamén tes a posibilidade de usar o conversor do
Translate Toolkit para pasalo a .po (ou outro formato que consideres)
e usar o OmegaT ou a ferramenta que prefiras e así reutilizar o
traballo.

> Con respecto a Mozilla, por agora só estou eu, no que se refire a
> tradución. Hai xente botando unha man puntualmente traducindo cadeas
> que poño relativas ás páxinas web ou cando pregunto algunha dúbida
> concreta. Básicamente o que fixen ata agora, foi fixar terminoloxía
> que a comunidade acordou ou que se está a seguir nos outros proxectos
> grandes como poden ser GNOME e OpenOffice para manter un estilo. Sobre
> todo uniformización nas traducións. Miña idea é traducir todo mediante
> web, o aplicativo chamase Narro. A xente rexistrase nel e ponse a
> traducir. As traducións quedan como suxestións. Pódense votar as
> suxestións doutras persoas. Despois, eu teño que aprobalas e así
> mantense o mesmo estilo. Ou modifico esa suxestión e aproboa. Así
> poderase manter unha norma e un estilo. Así evitamos que cada un
> traduza como queira e mantemos unha tradución de calidade. Se desde
> Mozilla nos deixan traballar así, como coordiandor ese será o método
> que empregue e que deixe documentado o día que non poida seguir ou que
> a comunidade prefira pór outro coordinador porque non está contenta
> coa miña labor ou coa forma de levar as cousas.

Non vexo problema co método. A verdade é que non viria mal que se
publicara nalgún sitio (mozdev ou onde sexa) unha pequena guía para
que se involucren novos tradutores, algo do estilo de vaite aquí, crea
unha conta, selecciona o galego e traduce...

> A día de hoxe non podo contar moito, xa que aínda estou descubrindo
> como facer as cousas e obtendo permisos para poder xestionar o
> repositorio galego.
>
> Con respecto ao sitio moz.dev, non teño conta para xestionalo. Fágoo
> desde a conta de grueiro, que me cedeu voluntariamente e sen pedirlla.
> Foi un acto del e que o honra. Non teño moito idea de xestionar
> galician.mozdev. O que entendo é que te descargas o por cvs o sitio e
> cando fas as modificacións volves a subilas. Pero non sei en que
> plataforma traballamos e como. Paréceme arcaica e aínda non sei o que
> podemos facer e o que non (en canto ao que temos que manter, que
> podemos cambiar, etc). Estaría mellor ter un CMS e poder traballar con
> el mediante os paneis de administración. Pero bueno, todo se andará.
>
> Perdoade por un correo tan longo e no que mesturo temas. Pero é que
> onte a conexión non ía nin pa dios e non puiden contestar.
>
> Un saúdo.
>
> 2010/10/6 damufo <damufo en gmail.com>:
>> Boas:
>>
>> Queda pendurada a nova Sobre o estado dos aplicativos de mozilla en
>> http://www.trasno.net/
>>
>>
>> En 2010/10/05 17:10, Miguel Branco escribiu:
>>>
>>> Corrixido, tes que perdoar: é que hai bastantes usuarios rexistrados e
>>> algúns tiñades roles non definidos
>>
>>>
>>> Só é unha suxerencia, se poñedes a nova en mozdev ou lígase a nova
>>> igualmente para facervos ruído.
>>>
>>> 2010/10/5 damufo <damufo en gmail.com <mailto:damufo en gmail.com>>
>>>
>>>
>>>
>>>
>>>    En 2010/10/05 15:06, Miguel Branco escribiu:
>>>
>>>        suxestión: poñede a nova en trasno
>>>
>>>    Non teño permiso.
>>>
>>>        2010/10/5 damufo <damufo en gmail.com <mailto:damufo en 
>>> gmail.com>
>>>        <mailto:damufo en gmail.com <mailto:damufo en gmail.com>>>
>>>
>>>
>>>            Boas:
>>>
>>>            En 2010/10/04 22:27, Enrique Estévez Fernández escribiu:
>>>
>>>                Ola.
>>>
>>>                Xa están traducidos, as próximas versións de 
>>> Firefox e
>>>                Thunderbird ao
>>>                100%. Na páxina do equipo galego
>>>        (http://galician.mozdev.org) as
>>>                ligazón a construción das últimas versións destes
>>>        produtos na
>>>                súa rama
>>>                de desenvolvemento. A continuación están as 
>>> ligazóns ao
>>>                ficheiros .xpi
>>>                para polos en galego en probar as traducións.
>>>
>>>            Moitas grazas!!
>>>
>>>                Para o Firefox, existe unha release en galego que non
>>>        está completa,
>>>                para o Thunderbird aínda nada. A ver se mañá 
>>> consigo
>>>        enviarlles o
>>>                repositorio actualizado e conseguimos ter versión
>>>        oficial das
>>>                proxima
>>>                betas destes produtos. Tamén vou a intentar 
>>> actualizar os
>>>                repositorios
>>>                das versións actuais, a 3.6.x do Firefox e a 3.1.x 
>>> do
>>>        Thunderbird, e
>>>                xerar os seus .xpi. Despois, quedará na man de 
>>> Mozilla
>>>        integrar o
>>>                traballo realizado.
>>>
>>>            Enviaremos algún correo a algún sitio para premer?
>>>
>>>
>>>
>>>                A ver se podo facer algo coa web. Ou falar cos de 
>>> mozdev
>>>        e que nos
>>>                activen ou cambien a Drupal (que creo que agora 
>>> teñen
>>>        ese CMS ou
>>>                pódese solicitar). Sería un avance, porque agora 
>>> creo
>>>        que son
>>>                ficheiros html sen máis (o meu non é a web, nin a 
>>> parte
>>>        técnica).
>>>
>>>            No da web podo axudar.
>>>
>>>
>>>                Un saúdo.
>>>                _______________________________________________
>>>                Galician mailing list
>>>        Galician en mozdev.org <mailto:Galician en mozdev.org>
>>>        <mailto:Galician en mozdev.org <mailto:Galician en mozdev.org>>
>>>
>>>        https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>
>>>            _______________________________________________
>>>            Galician mailing list
>>>        Galician en mozdev.org <mailto:Galician en mozdev.org>
>>>        <mailto:Galician en mozdev.org <mailto:Galician en mozdev.org>>
>>>
>>>        https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>
>>>
>>>
>>>
>>>        _______________________________________________
>>>        Galician mailing list
>>>        Galician en mozdev.org <mailto:Galician en mozdev.org>
>>>        https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>
>>>    _______________________________________________
>>>    Galician mailing list
>>>    Galician en mozdev.org <mailto:Galician en mozdev.org>
>>>    https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>>
>>>
>>>
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Galician mailing list
>>> Galician en mozdev.org
>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>

Responderlle a