>
> ------------------------------------------------------------------------
> Asunto:
> Re: [Galician] [Mozilla] Erros na tradución de Firefox 3.6
> Desde:
> Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>
> Data:
> Mon, 5 Oct 2009 13:17:28 +0200
> Para:
> Traducion ao galego de Mozilla <galician en mozdev.org>
>
> Para:
> Traducion ao galego de Mozilla <galician en mozdev.org>
>
>
>>>>> 4-Aparece o termo 'firewall', non sei se se optou por adoptar o
>>>>> anglicismo para a tradución.
>>>>>           
>>> Xa se me olvidaba: En Firewall optouse polo anglicismo.
>>>       
>> Pois non entendo o desta opción. Algunha explicación?
>>     
>
> Eu tampouco.
>
> Ata logo,
>                     Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

Entendo que é unha solución estábel, sen ser definitiva porque

- a tradución recomendada por Termigal é "devasa"
- os dicionarios normativos galegos non recollen o valor informático de 
"devasa"
- a tradución maioritaria en galego é hoxe en día é "cortalumes"
- o uso internacional, especialmente de considerarmos o portugués, 
prefire o anglicismo, aínda que alternando o xénero (Brasil : o firewall 
// Portugal : a firewall)

Aínda que coido que sería máis coherente coa estratexia xeral de 
localización galega optar por unha tradución, neste momento introducir 
desde Mancomún "devasa" non proporcionaría máis ca ruído mentres a 
comunidade non faga explícito un acordo e un compromiso de aplicación. 
Nun caso semellante encóntrase "proxy" (servidor madatario).

A prudencia de adoptar, temporalmente ou non, o anglicismo é unha 
solución razoábel para as traducións coordinadas por Mancomún. De feito 
pode considerarse xa un avance o feito de adaptalo gramaticalmente en 
galego ao xénero masculino. Temos logo tres opcións en xogo: o firewall, 
o cortalumes, a devasa.


-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Avda. de Vigo, s/n 15706   Santiago de Compostela  
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org>

Responderlle a