Miguel Bouzada escrebeu:
> 
> O de FF é para darlle de comer aparte, menuda cousa noxenta fixeron con el,
> ademáis de estar traducido a algo que podería ser galego á portuguesa,
> retoman cousas como "plugin", "soporte técnico", mesturan na mesma liña,
> explorador e navegador, mesaxe en masculino,  ...
> 
> A ver se Keko remata a tradución (se non da feito que pida axuda) e ademáis
> facemos un .xpi para quen queira telo en galego no canto de en castrapo
> aportuguesado.
> 

Tal como se sinala no Código de Conducta de Ubuntu [1], debemos ser
respeitosos co traballo dos demais e fomentar a colaboración entre
proxectos, dentro e fora de Ubuntu, evitando as confrontacións persoais.

Pídenme en correo privado que, como coordenador oficial da galeguización
de Mozilla, resposte a esta mensaxe pedindo respeito para o noso traballo
-que é tan falibel como o dos demais- e ofrecendo toda a colaboración por
parte nosa para resolver calquera posibel incidencia. 

Queda feito pois ese ofrecemento á colaboración, que de feito vou extender
ofrecendo mesmo a coordenación oficial da equipa de galeguización de
Mozilla pois, como algúns saberedes, veño de propoñer ser relevado dise rol
por outra persona[2]. Esto non só vos permitiría integrar no binario oficial
os cambios precisos mais tamén sería un xeito positivo de tornar construtiva
esa crítica destrutiva que só consigue enfrentar e dividir a unha comunidade
que debería permanecer sempre unida.

Convido pois ao remitente desa mensaxe, a Keko así como a calquera outra
persona que quixera asumir a coordenación da galeguización de Mozilla a 
candidatarse con só avisar na rolda oficial: galician en mozdev.org

Saúdos,

[1] http://www.ubuntu.com/community/conduct
[2] https://roldas.g11n.net/pipermail/comunidade/2010-February/000047.html

-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a