[Galician] Método de tradución de produtos Mozilla

2010-04-19 Conversa Enrique Estévez Fernández
Ola a tod en s.

Son keko, o novo coordinador do equipo galego de tradución dos
produtos de Mozilla.

Suso Baleato, o anterior coordinador xa me presentou na rolda como
poidestes ver. Estou a espera de contestarlles porque me estaba a ler
toda a documentación para saber por onde comezar e xa aproveitar para
pedir o que necesite deles.

Non sei exactamente cal é o proceso que seguía o anterior coordinador
e o seu equipo para realizar as traducións. Eu levo pedido que mo
expliquen pero por agora non tivemos tempo para quedar, así que vou
investigando e hai máis dunha posibilidade. Soamente lle estou
prestando atención a dúas:

1. Descargar todo o repositorio dos produtos de Mozilla. Converter os
ficheiros de tradución a .po e traducir. Facer as probas técnicas
mediante un script que teñen e cando teña permiso reimitir todo ao seu
repositorio (pero antes teño que pedir conta).

2. Traducir mediante web, teñen unha especie de Pootle chamado Narro.
Pensei que xa non o empregaban xa que fai un ano que non sacan nova
versión do mesmo e o blog do proxecto tampouco volveu a ter novas
entradas contando os seus progresos. Esta fin de semana un grupo de
Aragón solicitou traducir desde ahí e xa lle activaron a conta.

Como coordinador gustaríame máis a primeira opción xa que así podo
levar un control máis exacto de todo e podemos traballar en local.
Tería que dividir os ficheiros a traducir entre aqueles que queiran
participar e cando os rematedes nun tempo prefixado por todos,
realizar un revisión para comprobar que se siguen os mesmos criterios,
polo menos en canto se refire ao estilo que apliquemos. Pasar
corrector ortográfico e detección de falsos amigos.

A outra opción sería pedir que nos activen a tradución mediante web e
acabaríanse moitos problemas que podemos ter relacionados coa parte
técnica. Vou copiar este correo a Suso por se el sabe algo con
respecto a tradución mediante Narro que desaconselle o seu uso, pero
visto o visto non debería ser así.

Tamén vos podo decir que Suso xa cambiou os datos aquí:

https://wiki.mozilla.org/L10n:Teams:gl

Eu xa me rexistrei na wiki de Mozilla e tamén no Bugzilla. Aparte dos
dous grupos de mozilla.dev que me indicaron cando Suso me presentou.
Soamente me falta realizar a miña presentación e pedirlles axuda no
mínimo para comezar a traballar xa. Espero as vosas respostas xa, urxe
mover isto.

Un saúdo.

2010-04-19 Conversa Frco. Javier Rial
Ola Keko:
Unha primeira cousa que che diría e que te olvides de conversión a ficheiros
PO para traballar cos produtos de mozilla.

Aínda que hai conversión de dtd e properties a ficheiros PO, persoalmente
non cho recomendo. O  que vas conseguir con iso son quebradeiros de cabeza,
perda de tempo e traballo..

Sobre Narro, nin idea, non podo opinar.

2010/4/19 Enrique Estévez Fernández keko.gl en gmail.com

 ___
 Galician mailing list
 Galician en mozdev.org
 https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

 próxima parte 
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20100419/b407484e/attachment.html

[Galician] Método de tradución de produtos Mozilla

2010-04-19 Conversa Enrique Estévez Fernández
Ola.

Se non podemos converter a .po complicase o de traballar en local.
Pero bueno, OmegaT traballa con ese tipo de ficheiros se non me
equivoco.

Pero aínda así voume a enterar de como vai Narro, xa que me gusta
bastante a posiblidade de traducir en web e despreocuparse de moitas
cousas técnicas. Eso si, en última instancia terei que remitir as
traducións ao repositorios deles (Mercurial) xa que Narro soamente
importa de Mercurial pero non exporta hacia el. Pero é unha limitación
aceptable.

O bo que ten e que admite glosarios a súa maneira e TM según lin
durante a fin de semana. Teño que falar co desenvolvedor a ver se ten
roles e xa sería perfecto.

Espero as vosas suxestións. Opinade xa que vou tomar unha
determinación rápida para poder comezar a traballar de novo, temos
moito que facer.

Un saúdo.

2010/4/19 Frco. Javier Rial dev.fjrial en gmail.com:
 Ola Keko:
 Unha primeira cousa que che diría e que te olvides de conversión a ficheiros
 PO para traballar cos produtos de mozilla.

 Aínda que hai conversión de dtd e properties a ficheiros PO, persoalmente
 non cho recomendo. O  que vas conseguir con iso son quebradeiros de cabeza,
 perda de tempo e traballo..

 Sobre Narro, nin idea, non podo opinar.

 2010/4/19 Enrique Estévez Fernández keko.gl en gmail.com

 Ola a tod en s.

 Son keko, o novo coordinador do equipo galego de tradución dos
 produtos de Mozilla.

 Suso Baleato, o anterior coordinador xa me presentou na rolda como
 poidestes ver. Estou a espera de contestarlles porque me estaba a ler
 toda a documentación para saber por onde comezar e xa aproveitar para
 pedir o que necesite deles.

 Non sei exactamente cal é o proceso que seguía o anterior coordinador
 e o seu equipo para realizar as traducións. Eu levo pedido que mo
 expliquen pero por agora non tivemos tempo para quedar, así que vou
 investigando e hai máis dunha posibilidade. Soamente lle estou
 prestando atención a dúas:

 1. Descargar todo o repositorio dos produtos de Mozilla. Converter os
 ficheiros de tradución a .po e traducir. Facer as probas técnicas
 mediante un script que teñen e cando teña permiso reimitir todo ao seu
 repositorio (pero antes teño que pedir conta).

 2. Traducir mediante web, teñen unha especie de Pootle chamado Narro.
 Pensei que xa non o empregaban xa que fai un ano que non sacan nova
 versión do mesmo e o blog do proxecto tampouco volveu a ter novas
 entradas contando os seus progresos. Esta fin de semana un grupo de
 Aragón solicitou traducir desde ahí e xa lle activaron a conta.

 Como coordinador gustaríame máis a primeira opción xa que así podo
 levar un control máis exacto de todo e podemos traballar en local.
 Tería que dividir os ficheiros a traducir entre aqueles que queiran
 participar e cando os rematedes nun tempo prefixado por todos,
 realizar un revisión para comprobar que se siguen os mesmos criterios,
 polo menos en canto se refire ao estilo que apliquemos. Pasar
 corrector ortográfico e detección de falsos amigos.

 A outra opción sería pedir que nos activen a tradución mediante web e
 acabaríanse moitos problemas que podemos ter relacionados coa parte
 técnica. Vou copiar este correo a Suso por se el sabe algo con
 respecto a tradución mediante Narro que desaconselle o seu uso, pero
 visto o visto non debería ser así.

 Tamén vos podo decir que Suso xa cambiou os datos aquí:

 https://wiki.mozilla.org/L10n:Teams:gl

 Eu xa me rexistrei na wiki de Mozilla e tamén no Bugzilla. Aparte dos
 dous grupos de mozilla.dev que me indicaron cando Suso me presentou.
 Soamente me falta realizar a miña presentación e pedirlles axuda no
 mínimo para comezar a traballar xa. Espero as vosas respostas xa, urxe
 mover isto.

 Un saúdo.
 ___
 Galician mailing list
 Galician en mozdev.org
 https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

 ___
 Galician mailing list
 Galician en mozdev.org
 https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

[Galician] Método de tradución de produtos Mozilla

2010-04-19 Conversa suso
Boas,

Douvos conta dos fundamentos e da metodoloxía que se viñan seguindo dende
que o goberno do PP retirou o finanzamento para a localizació de software.
Debe quedar claro que non é nin o único xeito de facer as cousas nin 
tampouco necesariamente o mellor; responde en todo caso ao intento de
normalizar os fluxos de traballo buscando a converxencia de esforzos e a
mellora da calidade.

Son unhas instrucións moi exhaustivas; prefiro resolver calquera dúbida que
xurda a traverso da rolda que mediante reunións, xa que así toda a xente
interesada no proceso pode enterarse e saber como funcionan as cousas. En
todo caso, se fora preciso xuntarse para o que fora, podedes contar comigo.

- O marco metodolóxico de referencia é o que fora definidos a raíz dos
  consensos do g11n [1] de cara a permitir a integración de empresas,
  voluntariado e administracións públicas. A última formalización desta
  metodoloxía é o método de galeguización onde concretamos o fluxo de
  traballo [2] incluindo os distintos procesos e os distintos roles.

  [1] http://repositorio.g11n.net/l10n/doc/estratexias/
  [2] 
http://repositorio.g11n.net/l10n/doc/estratexias/imaxes/fluxograma_g11n.png

- Partindo desa referencia teórica xeral, válida para todos os proxectos 
  de galeguización, buscouse o xeito de concretalo mediante ferramentas
  informáticas específicas. Para esto houbo unha serie de contactos 
  personais e reunións con personas expertas do ámbito profesional, que
  despois se complementaron cunha posta en común pública [5]. A conclusión
  foi que existían dous modelos distintos e traballo: por unha parte o de
  tradución profisional caracterizado básicamente polo uso dunha
  combinación de interfazes de tradución xunto con ferramentas específicas
  de conversión entre formatos traballando en local e publicando por lotes
  a tradución; e por outra parte o de tradución amateur caracterizado por
  unha preferencia ao traballo sobre recursos remotos (interfaces, recursos
  lingüísticos e orixes/destinos dos datos).

  [5] http://foros.g11n.net/viewforum.php?f=6

  Sobre ferramentas de conversión bidireccional:
  http://foros.g11n.net/viewtopic.php?f=6t=32#p133

  * Para facilitar o acceso á vía profisional, optouse polo uso de OmegaT en
combinación con ferramentas de conversión. Para esto elaborouse unha guía
pensada para facilitarlle aos coordenadores das grandes aplicacións a
distribución e organización do traballo mediante a plataforma g11n.net. 

http://repositorio.g11n.net/l10n/doc/omegat/

  * Para facilitar a incorporación do perfil amateur, optouse polo uso de
Pootle, deixando a criterio da persona que asumira a coordenación de
cada proxecto o xeito de distribuir ou asignar os proxectos.

http://traduce.g11n.net/

  Debido aos seus maiores requerimentos de calidade, para os grandes 
  aplicativo considerouse mais apropriado optar pola vía profesionalizante,
  deixando o Pootle para os proxectos de menor envergadura onde o control 
  de calidade podía ser exercido directamente.
  
- Compría poñer en práctica a metodoloxía polo que iniciamos dúas vías de
  traballo paralelas: por un lado aplicar o sistema profesional a algún
  subconxunto dun proxecto grande, e por outro aplicar o sistema amateur a
  algún aplicativo menor. Para o primeiro optouse pola documentación de
  Mozilla (OpenOffice estaba producindo a 3.2 nese momento e en GNOME os
  requerimentos de calidade son bastante menores) e naquel momento estaba
  traducindose a documentación do Fennec, polo que este foi o proxecto
  escollido. Para o segundo optouse polo IdeaTorrent, que se subiu ao
  Pootle.

- O resultado foi de éxito no caso do Fennec (Manuel e mais Jesus poden
  descrebervos en detalle o proceso). No caso de Pootle a experiencia
  levounos a pensar en reforzar o aspecto remoto delegando á nube o
  mantenemento da ferramenta.

Descrito o marco xeral, para o caso concreto de Mozilla:

- Para a documentación, a aproximación profesional mediante OmegaT +
  ferramentas de conversión demostrou funcionar correctamente. Nesta
  aproximación a persona que xestiona o repositorio obtén os ficheiros
  HTML, convírteos a XLIFF empregando os conversores da súa preferencia
  (nós optamos polo Okapi Framework) e depositaos na plataforma para a súa
  distribución. Elabórase e públicase o chamamento -é necesario dar aviso
  na rolda oficial- faise a distribución, os tradutores traducen, os
  revisores revisan a tradución, e unha vez validada a tradución polos
  revisores, o coordenador realiza a conversión inversa, fai as
  comprobacións técnicas precisas, remíteas ao repositorio e fecha o bug.

  Os fontes da documentación está no repositorio SVN, é preciso fazer un 
  checkout inicial:

  checkout
  svn co https://svn.mozilla.org/projects/mozilla.com/trunk/gl .

  Para subir os ficheiros, é preciso enviarllos primeiro a Pascal, quen
  despois vos