Ola a tod en s.

Non sei se son o indicado ou o idóneo, porque moitos non me coñecedes
e sobre todo porque non coñezo Mozilla coma vos. A parte técnica non
vai ser fácil, pero debería ser asequible xa que son Enxeñeiro Técnico
en Informática de Xestión. Son bastante neutral e sobre todo busco a
homoxeneidade na tradución, a maior calidade posible. As miñas
preferencias persoais pois quedarían de lado, e habería que corrixir e
respectar todo o aquilo que xa ten consenso e non andar inventando a
roda de novo.

En principio os meus traballos no campo da tradución son: o VirtualBox
(que sigo levando e a ver se remato a actualización da última
versión), NetBeans, as licenzas Creative Commons (a parte legal dende
o castelán a petición deles) e outros proxectos menores (como iTalc,
Meld, ...). Levo pouco máis dun ano pero a miña colaboración e
participación coa comunidade aumenta día a día.

Alágame saber que a xente da Asociación Trasno pense en min como un
posible coordinador e o resto, os que traballades arreo nos últimos
anos e conseguistes realizar un gran traballo, tedes a última
decisión.

Nin son un bo programador, nin son un crack tecnicamente, nin son o
mellor tradutor do mundo (máis ben son correcto e intento acatar os
consensos ao pé da letra e se non sei pregunto), pero estou farto de
organizar cousas, de coordinar e xestionar proxectos. E ademais
gústame.

Vos sodes a comunidade e sodes os que tedes que elixir quen xestione o
proxecto e coordine o traballo de localización.

Un saúdo.


2010/3/12 Miguel Branco <mgl.branco en gmail.com>:
> Ola,
> Supoño que a meirande parte de vós estaredes ao tanto
> disto: http://trasno.net/trasno:asociacion. Pois ben, obviamente estiven
> atento a tódalas valoracións que fostes emitindo aquí con respecto do 
> asunto
> da coordenación do proxecto e logo de valoralo coa directiva imos propoñer
> algo ao respecto.
> Queremos propoñer que sexa a asociación, como persoa xurídica que é, quen 
> se
> faga cargo da coordinación do proxecto. Dende a asociación, de cada vez que
> fora necesario, proporiamos un coordenador que asuma contractualmente unha
> serie de obrigas. Isto sería, que cumpra a función de coordenador, que
> respecte o labor doutros voluntarios, que as decisións sexan imparciais e
> baseadas na meritocracia e no principio de calidade e excelencia da
> tradución; así mesmo que asuma a obriga de abandonar o cargo cando imcumpra
> cos seus deberes. E como non podería ser menos, a xente que traballades en
> Mozilla sodes os que tedes que dicir que cousas irán nese contrato ou pacto
> que asuma o coordenador e obviamente, quen é o coordinador.
> Inda que non sabemos exactamente como se xestiona isto dentro da fundación,
> pois estamos pendentes de recibir contestación; si sabenos que esta fórmula
> é posible. Entendemos que Softcatalá hai un tipo de relación coa fundación
> deste estilo.
> Como tampouco vexo que haxa unha decisión firme sobre quen debe ser o
> coordinador, proporei un candidato para que o meditedes. De novo, os que
> traballades en Mozilla sodes os que tedes que decidir. Popoño a Enrique
> Estevez (Keko), da OSL da USC. Ten un perfíl técnico, que o cualifica para a
> tarefa, e estivo a realizar unha revisión recentemente de Mozilla, e que hai
> pouco vos expuxo aquí. No persoal é unha persoa dialogante e bastante
> neutral. Sobra dicir que, propoñamos un candidato ou asumamos como
> asociación a coordinación, non quita de que os que queirades sigades a
> traballar no proxecto e sexades os que marquedes as pautas de traballo. O
> noso papel sería meramente burocrático.
> Atentamente,
> Miguel Branco
> Pres. Asociación Proxecto Trasno
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>

Responderlle a