Boas rapaces.

Como xa vos dixen non chegamos a tempo, porque non puidemos remitir as
traducións. Xa están remitidas e agora toca probar a última versión
para poder facer opt-in da mesma.

Sei que moitos atallos de teclado van a tropezar, ise vai ser traballo
de chinos, xa que aínda non teño uns criterios claros que aplicar.
Farei probaturas de maneira que sexa o máis fácil posíbel. Pola miña
experiencia con NetBeans, o mellor é respetar a letra e senon existe
na tradución buscar unha de pouco uso. O de respetar a posición soe
dar moitos problemas. O dito, eu xa estou probando e xa atopei fallos
dese tipo. O único que pasa é que non funciona o atallo de teclado,
problema menor, nestes momentos.

O dito, reportade fallos con capturas de pantalla. Se vemos que é
aceptábel, facemos opt-in (solicito que Simón o faga).

Se non o fixen mal podedes descargala desde http://galician.mozdev.org/.

Saúdos.

Responderlle a