Boas a todos, aínda que non digo case nada novo, aí vou eu creo que como se dixo por aí a idea dunha wiki sería o millor, pra que así cada grupo puidera modifica-las súas cousas e ademais pra crear un bo glosario entre todos.
Coido que sería moi bo ter unha distribución totalmente traducida ó galego, por que iso de ver frases en galego e tamén en inglés á vez raia moito. No tema da lista de correo, eu penso que sería interesante dispor dun foro onde cada grupo tivese o seu subforo ou o seu fío e así puidesen trata-los seu temas cun chisco máis de organización ca unha lista. Ademais creo que nun foro sería máis doado debater sobre termos linguísticos e que outra xente opinase ou fixese peticións sobre programas que lle gustaría ver traducidos. saúdos _______________________________________________ Trasno mailing list tra...@ceu.fi.udc.es http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno