Olá: pois iso, que acabo de anovar a KDE4.1 e lenny, e tras unha dolorosa actualización, xa teño o kmail, o lokalize, e o konqueror andando, e pola maneira de dar por saco o dichoso escáncer vermello baixo de determinadas palabras, o corrector ortográfico tamén rula (menos mal, xa me fodería ter perdido a mañá para ter iso e que non fose).
Vamos, que é de agardar un pequeno baixo no meu rendemento esta vindeira semana, pero despois seguirei como sempre. Saúde PD: Se alguén sabe como recuperar os datos de configuración do caderno de enderezos de KDE3, que mo diga, please.