Boas a todos. Nestes momentos xa estamos a piques de ter ao día todos os proxectos de Mozilla, polo menos o que se refire aos aplicativos. Espero que isto me deixe tempo para organizar o traballo.
Como podedes ver na ligazón: https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl Estamos OK en todo menos en Calendar. Xa fai unhas semanas que comecei a súa recuperación e a semana pasada compartín un ficheiro para que a xente de Trasno botara unha man, xa que nel había moita terminoloxía que fixar que acepta a todos os proxectos de galeguización. Tratase dos fusos horarios. Ao longo desta semana compartirei o ficheiro en cuestión nun correo na rolda de galician.mozdev e a ver se alguén se anima, aínda que non fixemos terminoloxía, podemos temporalmente traducilo para completar a tradución de Calendar a espera de unificar as traducións nos diferentes proxectos da comunidade galega. Como xa sabedes, tanto na comunidade galega de mozilla como en Trasno, estamos a espera de montar o novo sitio da comunidade galega de localización de mozilla nos servidores de Trasno como un subdominio de trasno.net (mozilla.trasno.net). Espero que nos próximos días podamos comezar a levantar o novo sitio e darlle visibilidade a nosa comunidade. Saúdos a todos. _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto