Ola a todos,

O 18 e 19 deste mes temos en Santiago de Compostela a Libre Software World
Conference 2012.

Hai nada vin que remataba o prazo para solicitar relatorios no evento e
propuxen no fío da Asociación candidatármonos. Aceptaron a proposta e
asignáronnos un relatorio o día 19 ás 16.30 para difundir o Proxecto
Trasno. En principio serei o relator e se non puidese ir eu, abrirei o fío
para que vaia outra persoa representarnos.

A idea de relatorio que lles propuxemos é:
- que é o Proxecto Trasno? cal foi a súa historia?
- que implica a filosofía do software libre na presenza das linguas nas TIC
- o software libre ten un impacto positivo nas linguas minoritarias e/ou
minorizadas

pero gustariame que vaia a idea que temos todos sobre de trasno :)

Teño que rematar a presentación antes do vindeiro día 12 e é só 30min. Así
que, co dito, gustariame que:
- propuxerades temas, frases, *ideas que transmitir* no evento
- me contarades como foi a *historia do proxecto* dende o comezo ou me
facilitedes recursos para coñecela mellor dende o inicio
- como víchedes *o proxecto ante os **momentos políticos/sociais* que se
viviron aquí dende o 2000 e *por onde* considerades que debe *ir* a
comunidade de localización ao galego tendo iso en conta. (Isto pregúntoo
para saber como vedes a relación da comunidade co sector institucional e
empresarial, non por outra cousa)
- que conseguimos ata o de agora e *por que camiño vedes que imos/vai a
l10n ao galego*?
- (e o que vos veña ademais á cachola)

Fóra disto, na LSWC están a pedir voluntarios para colaborar na
organización do evento. Se alguén lle fai remítovos aos xestores do evento.

Saúdos
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a