Ola.

Na USC vaise organizar o fiadeiro de localización de software libre
que se vai pola quinta edición. Na súa organización vamos a colaborar
Antón e máis eu. Un dos aplicativos que estamos barallando para a súa
tradución emprega ficheiros xml.

Estiven investigando e parece que se poden converter a ficheiros .po
coa seguinte utilidade:

po4a
http://manpages.ubuntu.com/manpages/precise/es/man7/po4a.7.html
http://manpages.ubuntu.com/manpages/precise/es/man1/po4a-translate.1.html
http://manpages.ubuntu.com/manpages/precise/es/man1/po4a-gettextize.1.html

Fixen unha pequena proba, basicamente convertín un ficheiro xml do
aplicativo en cuestión a po, traducín un par de cadeas, volvín a
convertelo a .xml, e todo estaba igual menos o que se traducira, co
que parece que funciona.

Alguén coñece esta utilidade? Alguén a probou? Alguén coñece outra similar.

Saúdos.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a