Grazas polo aviso, José. Seguro que por aquí hai a quen nos vai interesar o
evento.

Apertas!


2013/10/21 José Millán <f...@gpul.org>

> Ola a todos,
>
> Envío este email para comentarvos que GPUL está a organizar unha reunión de
> desenvolvedores do software educativo de KDE ( https://gpul.org/node/5211)
>
> Aproveitando a ocasión, imos organizar dúas actividades: unha xornada de
> desenvolvemento en KDE ( http://gpul.org/node/5224 )  e un encontro entre
> desenvolvedores e docentes.
>
> O encontro entre profesores (orientado principalmente aos profesores de
> primaria e de instituto) e desenvolvedores de KDE-Edu ten coma obxectivos
> ampliar o coñecemento das ferramentas educativas de KDE entre os
> asistentes e
> recoller opinións e suxerencias dos profesores que xa as estean a empregar.
> Agradeceríamos que se coñecedes alguén que puidese estar interesado en
> participar lle informedes da actividade. Esta actividade terá lugar na
> Facultade de  Informática da Coruña o venres 25 as 18:00, na aula 2.0b.
> Máis información: http://gpul.org/node/5226
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a