Saudos, Primeiro de todo, desculpade se este correo non entra dentro do tema da lista, mais entendo que pode ser interesante. Na Asociacion Cultural Chuza levamos certo tempo cavilando como manter actualizada a traduccion da web, sobretodo tendo en conta que de vez en cando facemos trocos que nos obrigarian a xerar outra vez os arquivos de traduccion.
Para resolvermos este problema, e despois de valorar diferentes solucions, atopamos que o software Pootle http://pootle.translatehouse.org/ vén sendo dos mais axeitados. O que pretendemos seria tanto usalo para a nosa web como ofrecelo como servizo gratuito para outras webs galegas ou que queiran empregar o galego en calquera das suas formas e non teñan acceso doado a ferramentas de traducción. A instalación e administración do paquete non é trivial e, ainda que temos unha version de proba no noso VPS, vai bastante lento http://pootle.chuzagl . Se alguen nos pode botar unha man, estaremos moi agradecidos. En calquera caso, todos os vosos comentarios sobre o tema son benvidos. Grazas -- Manel Villar Paulsborner Str. 9 10709 Charlottenburg Berlin (Deutschland) Tel: (+49) (0)162 6574604 skype: manel.villar mane...@gmail.com *"Ars longa, vita brevis"*
_______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto