Ola a todos!

Ben, comezo por me presentar: chámome Javier e coñezo o proxecto Trasno dende hai xa anos, pero nunca colaborei de xeito activo.

En primeiro lugar, teño que recoñecer que me sinto un pouco alleo; primeiro, porque, polo que vexo, a meirande parte da xente que estades sodes informáticos, eu son lingüista; segundo, porque maila que levo tres anos dedicándome profesionalmente á tradución de software, sempre traballei con software propietario. Por se isto fose pouco, acabo de chegar ao mundo do software libre e ando aínda bastante perdido...

Penso que o tema do Wiki, en principio non é mala idea, pero dáme un pouco de medo. Pode ser interesante en criterios cuantitativos, pero non sei se tanto a nivel cualitativo. Se cadra isto é deformación profesional, pero no sector no que eu me movo, estou afeito a revisións continuas e procesos de control de calidade moi fortes. Por suposto non vou avogar por unha "profesionalización" do Proxecto, pero penso que non podemos tampouco renunciar a un alto nivel de calidade que non estou moi certo de que unha metodoloxía baseada nun Wiki, no que calquera poida modificar calquera cousa, nos proporcionaría. É por isto polo que considero que unha estrutura similar á que habería anteriormente (por exemplo, tradutores, revisores lingüísticos e revisores de contidos) pode ser máis adecuada, e máis aínda para a elaboración dun glosario "oficial" uniformador e prescriptivo (aí é onde se pode colaborar estreitamente co glosario de g21).

Outra cousa é a metodoloxía da propia tradución. Como xa dixen, para min os procedementos da tradución de software libre son totalmente novos, pero polo que teño visto, non me pareceron especialmente eficaces. Quero dicir: penso que as poucas ferramentas que vin -en concreto, Poedit- parécenme bastante limitadas en relación ás ferramentas que se empregan habitualmente na tradución de software propietario -falo de Trados, Passolo ou Catalyst. Igual o interesante (e perdoade se estou a cometer un sacrilexio :-) ) sería buscar unha metodoloxía ponte.

Outro tema: a publicidade. Estou totalmente dacordo co que xa se dixo. Como antigo alumno da Facultade de Tradución da Universidade de Vigo, dáme vergoña lembrar que cando eu estudaba (e non hai tanto), poucos alumnos sabían qué era o proxecto Trasno. Probablemente, agora tampouco... Estou seguro de que moitos estarían máis que dispostos a colaborar. Pola miña banda, farei todo o posible por movelo polo meu terreo: o dos tradutores. Falo en concreto de listas de tradución ao galego e da propia Universidade.

Calo xa, que para ser novo, xa me chega ;-)

Saúdos,

-----------------
JAVIER PELETEIRO





From: "Xabi García" <xab...@gmx.net>
Reply-To: "Traducción de Linux ao galego" <tra...@ceu.fi.udc.es>
To: "Traducción de Linux ao galego" <tra...@ceu.fi.udc.es>
Subject: Re: shutdown -r now
Date: Tue, 24 Jan 2006 21:31:32 +0100 (MET)

Home, tanto como dicir que che deu problemas con Xabi G. Feal, parece que
andivemos a tortas . Non se me ocorreu ata o de agora ir na procura de
"amosar" no dicionario. Sempre empreguei e vin empregar dende neno, polo
menos na miña zona, o verbo "amosar" no canto de "mostrar".

Pois agora vou e miro o dicionario da RAG, non vaia ser que sexa erro
propagado:

""amosarv.t. 1. Pór [algo] de xeito que se vexa, pór á vista [de todos ou de
alguén en particular], deixar ver. Amosóuno-las pezas máis valiosas da súa
colección. Arremangou a perneira para amosarlle a ferida. SIN. ensinar. 2.
Facer patente, deixar ver [unha calidade, sentimento, actitude, etc.]. Ten
amosado en moitas ocasións a súa intelixencia. Quixo amosa-la súa
neutralidade. SIN. demostrar. Amosou o seu desacordo. SIN. expresar,
exteriorizar, manifestar. // v.p. 3. Quedar patente [algo], poñerse de
relevo. Dese xeito amosouse claramente o error cometido. SIN. manifestarse.
4. Pór [alguén] de manifesto [unha determinada calidade, sentimento,
actitude, etc.]. Amosouse sempre moi duro con todos nós. u SIN.
mostrar(se).""

Iso dende o punto de vista da normativa oficial. Descoñezo a opción de
mínimos, mais non vexo por qué hase de eliminar ese uso lingüístico cando
existe en polo menos unha zona de Galicia (?).

Pero non paga a pena estravierse do tema principal, o tema das normativas
nunca se vai a resolver, a menos que se teñan equipos de tradución tan
grandes nos que se faga un pouco de despotismo e se obrigue a decantarse por
unha única normativa, co conseguinte enfado dos perxudicados.



> disto é a traduzón da palabra inglesa "show" (verbo), que xa me trouxo
> problemas con Xavi  G. Feal: na norma oficial, a versión preferida é
> "amosar", sendo segunda opzón "mostrar". Pois ben se consultas o
> dicionário
> Alonso Estraviz (que ven a ser o de mínimos reintegrados), resulta que
> amosar
> é simplesmente "facer unha marca na pel mediante un golpe" (un
> moratón/cardenal, para abreviar).

--
Telefonieren Sie schon oder sparen Sie noch?
NEU: GMX Phone_Flat http://www.gmx.net/de/go/telefonie
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a