Arribi:
Penso que son cousas diferentes, "gracias" non é aceptado (é unha entrada incorrecta) pola RAG, do que se está a falar é de dous termos válidos e aceptados (lingüeta/separador) que segundo Leandro lingüeta é mais correcto en canto a significado.
Saúdos


Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


J. Arribi escribiu:
Ola Leandro:

Leandro Regueiro escribiu:
O certo é que despois de estar eu hai meses mirando cal sería a
tradución máis axeitada para "tab" decanteime por lingüeta. Esta
opción é correcta, cando menos segundo o meu diccionario de galego. E
prefiroa a separador, xa que parece que separa algo, ou aba, xa que
creo que non reflicte totalmente o significado de tab.

Se a xente de Mancomun prefiriu unha forma que eu creo que leva a
confusión, cando menos a min, alá eles. Eu prefiro a tradución
lingüeta.
Nós non escollemos unha ou outra opción terminolóxica. Como xa comentamos nalgún correo anterior os termos do glosario están sancionados polo Termigal. Nós non somos lingüistas.

Por outra parte, dicirche que me parece moi valorable que cada un use a opción que prefira. De feito, eu decidín usar gracias no canto de grazas, pero as opcións persoais son iso, persoais. Creo que é moi recomendable para o idioma que exista unha institución que uniformice como chamarlle aos novos termos, neste caso informáticos, e esa institución é o Termigal, non mancomun.org.

Saúdos.

J. Arribi


_______________________________________________
Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_gal...@mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego

Responderlle a